Skip to Content

Marzo 2020

Día da Muller en Ed. Infantil

8 de Marzo

Con motivo do día 8 de Marzo, o Día Internacional da Muller, en Educación Infantil, a profe Natalia propúxolles debuxar a cada un dos nenos “A muller máis importante da súa vida”.  A continuación podedes ver algún dos debuxos que fixeron...

Álbum: Día da muller 08.03.20 -> 8 Marzo Biblioteca + EI

Músicas galegas

O alumnado de 6º de primaria traballaron na clase de lingua galega as vidas das mulleres galegas no mundo da música.

Coas biografías traballadas quixeron dar visibilidade ás mulleres que se adican a facer música en galego.

Álbum: Día da muller 08.03.20 -> Músicas galegas 8M

Abecedario 8M

Lograr a igualdade de xénero nos diversos ámbitos é indispensable, con motivo disto os alumnos participaron na elaboración dun abecedario dedicado á loita da muller para celebrar o 8 de Marzo, o...

Día Internacional da Muller.   

Álbum: Día da muller 08.03.20 -> Abecedario 8M

Ecosistemas

O alumnado de 5º de Educación Primaria elaborou uns debuxos dos diferentes ecosistemas, esperamos que vos guste tanto como a nós!

Álbum: Aulas activas 19/20 -> Os ecosistemas 5º

Comunidades Autónomas

Os alumnos de 5º de Educación Primaria debuxaron todas as Comunidades Autónomas de España, aproveitando que tocaba estudalas en Ciencias Sociais.  

 

Álbum: Aulas activas 19/20 -> Comunidades autónomas 5º

Eu son inspect@r urbanístic@. Coida do territorio. Coida do Teu

Este martes, levouse a cabo no centro o proxecto formativo "Eu son inspect@r urbanístic@.  Coida do territorio.  Coida do teu";  iniciativa da man da Consellería xunto coa Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) e en colaboración có Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG). 

A finalidade deste proxecto é sensibilizar, concienciar, divulgar e formar ao alumnado en relación ao medio e a intervención e ordenación do noso territorio. 

A actividade consistiu na aprendizaxe a través do xogo e do teatro para os máis pequenos e os máis maiores traballaron nas aulas, novamente de forma lúdica, o grado de coñecemento da súa contorna próxima e algunhas actuacións na mesma. 

Eu son inspect@r urbanístic@.  Coida do territorio.  Coida do Teu


 

                           

by Dr. Radut