Posted in
A LINGUA
Chegou unha nena labrega
coa boca cargada de mel
á porta pechada da escola
e non llo quixeron coller.
Dicía:
laranxa, paxel, pelouro, árbore, tixola, trepia, perixel. Volveu a meniña prá casa coa boca amarguexa de fel. ¡Coitado o meniño galego, Se o mestre non fala como el! Así, con este poema de Helena Villar e Xesús Rábade, comezaba o noso traballo vinculado á semana das letras galegas. Nesta liña, parecíanos imprescindible mostrarlles o outro lado da nosa lingua, a súa parte máis triste e, o momento no que, non sempre foi admitida na escola, así como noutros moitos lugares. Afortunadamente, mostráronse un pouco incrédulos e pareceulles incrible que non deixasen entrar a alguén no cole polas súas "palabras de mel". Por todo isto, decidimos representar simbólicamente este poema, escribindo todas as nosas palabras favoritas en galego na nosa porta de entrada ó cole, como un acto que reivíndicase que o galego SI pode traspasar as portas do ámbito educativo. Máis tarde, démoslle unha volta máis, e intentamos chegar a todo o mundo a través da interpretación das nosas verbas en linguaxe de signos. Un traballo de varios días que deu resultados tan bonitos como este. SODES UNS CRACKS, PEQUENOS XIGANTES!!!!

Clícade na imaxe para poder ver todo o noso traballo.
Agardamos que vos guste!!!
Novamente grazas pola vosa colaboración e paciencia todo este curso!!!