O inverno non só nos deixou eses momentos de investigación e experimentos... Durante algunhas semanas estivemos traballando dun xeito lúdico coas propostas dos recantos.
No recanto de lectoescritura, transformamos as bandexas de area en "pistas de patinaxe sobre xeo". Co patinador e a patinadora fixemos trazos, grafías, debuxos...
Outra das propostas, neste caso no recanto de lóxica, foi o xogo dos calcetíns co que tiñamos que observar, concentrarnos, buscar a parella do calcetín e tendelos xuntiños na corda a secar. A través deste xogo traballamos habilidades de clasificación, coordinación, motricidade fina e vida práctica.
No recanto sensorial, dimos renda solta á imaxinación e a creatividade, así como o traballo da coordinación óculo manual e a motricidade fina. A través da caixa do inverno. Fixemos trasvases, traballamos a presión da pinza, imaxinamos un mundo invernal cos "bonequiños de madeira"...
Agora si, decimoslle adeus ao noso primeiro inverno na escola!