Xandre e a resposta para Iago
A historia
Fai tempo tiñamos noticias dende a bitácora de TADEGa de que se premiaba o vídeo de Iago titulado Yo también tengo derechos
. De todos modos, con premio ou sen el, este esforzo non cae en saco roto.
No noso centro, o alumnado de 2º curso de primaria aprendeu e serviuse de Xandre, o elefante sen sombra
. Impactoulles e gustoulles moito, pero a cousa non quedou aí. Resulta que aquelo de comunicarmos con pictogramas resultaba algo moi abstracto que non acababan de entender moi ben pois nunca viviran unha experiencia similar nin coñecían a ninguén que precisase este sistema de comunicación.
Así pois non quedaba outra que puideran coñecer a alguén que empregase este sistema comunicativo, polo que lles amosamos o vídeo de Iago no que se pode ver con moita claridade como o usa e precisa comunicarse con el.
Unhas cousas levan a outras, e o alumnado pediu darlle resposta a este rapaz usando o seu mesmo idioma. Así que armado cunha cámara de vídeo e imprimindo e preparando os pictogramas correspondentes, aquí tedes o resultado da resposta para Iago. (E polas noticias que temos parece que lles gustou moito.
Unha aperta moi moi grande para Iago, para a súa nai, e para estas rapazas e rapaces do CEIP Sal Lence de A Coruña que moito se acordan del, e que xa o queren coñecer.
A resposta do CEIP Sal Lence, A Coruña
O conto de Xandre, o elefante sen sombra
Enlaces de interese
- Esta nova na asociación TADEGa:
tadega.net/Bitacora/?p=1250 - O conto de Xandre:
www.ContosDeXandre.net - A páxina do concurso de curtos:
www.yotambientengoderechos.com/… - O caderno dixital de Mamiago (Inés, a nai de Iago):
HablaPorMiDiceIago.blogspot.com