Skip to Content

SAMAÍN

Vaia semaniña de Samaín!

     

Nada máis entrar no colexio veíase unha decoración que arrepiaba: teas de araña, bruxas, esqueletos, cabazas, pantasmas... grazas a colaboración das nais do ANPA que decoraron a entrada e o patio, aos nenos que trouxeron cabazas decoradas da casa e aos profes e alumnos que decoraron os corredores e aulas. E para rematar a semana, o venres o cole encheuse de nenos con disfraces do Samaín.

Os nenos de 4º C, participaron nas actividades de Samaín organizadas polo concello para a promoción do comercio local. Primeiro tiveron un obradoiro de elaboración de disfaces na aula e, outro día, todos disfrazados de esqueletos percorreron a rúa Barcelona bailando e parando en distintos establecementos cantando:                                                        "¡Queremos chuches, queremos castañas.                                                                                                                     E se non nolas das....Comeresmosche as entrañas......!!

                                            

Podedes ver todas as imaxes na galería de fotos 

Ademáis, o pasado 25 de outubro coincidindo co día das bibliotecas, inagurouse a biblioteca do colexio, a biblioteca de Maruxa. E como coincidía coa semana de Samaín houbo sesións de contacontos con esta temática. Todos os nenos puideron disfrutar do novo espazo da biblioteca grazas ao gran traballo das profesoras do equipo da biblioteca que clasificaron e colocaron todos os libros nos andeis e grazas tamén ás nais tan artistas que hai no cole, que decoraron a parede cunha lareira, o lugar favorito da bruxa Maruxa.

Sigue o blogue da biblioteca  e o Instagram a biblioteca da Maruxa para saber todas as novidades.



page | by Dr. Radut