Skip to Content

Actividades,saídas e celebracións

FIN DE CURSO

Rematamos o curso participando nunha xornada de xogos tradicionais organizada polo museo MELGA. Pasámolo xenial descubrindo os xogos de sempre!

    

Máis fotos na galería de imaxes

Enlace á nota de prensa do Museo Melga

Ademáis as alumnas e alumnos de 6ºC abriron esta semana as portas do seu museo Yayoi kusama, contando coa colaboración do resto de aulas para o noso proxecto final. Prema sobre a imaxe para ver o vídeo e sobre este enlace para ver as fotos.

CONTACONTOS MOBY DICK

Hoxe todo o colexio gozamos do espectáculo "MOBY DICK" da compañía de teatro "Pedras de Cartón". Esta obra, inspirada na novela de Herman Melville, ten como protagonista a un impoñente cachalote de 3 metros, que se move, axita a súa cola, abre e pecha os ollos, e expulsa auga.

Agradecemos moito á ANPA por este agasallo de fin de curso que tanto nos gustou.

      
 

CINEMA NA ESCOLA. CONCURSO DE CORTOS

O alumnado de 6º participa no Concurso organizado polo concello,"Cinema na escola" co curto "A substituta"

Non te esquezas de darlle ao "Me gusta" (cantos máis teñamos, máis opcións temos de gañar premios) 

COMPARTE COS FAMILIARES E AMIGOS! 

PATIOS INCLUSIVOS

O alumnado de 1º de E.P. coa colaboración de varios nenos e nenas de 6º comezaron cos xogos de recreo inclusivos. Estes terán lugar os venres e irán rotando tódolos grupos.

CASA MUSEO PICASSO

O alumnado de 4º fomos de visita a dous lugares fundamentais na nenez de Picasso: á casa  familiar e ao IES Eusebio da Guarda.

ESCRITORES NA BIBLIOTECA

Estes días poidemos coñecer os autores e autoras dos libros que estamos a ler no Plan lector. Contáronnos moitas cousas sobre como escribiron as historias e ademáis asináronnos os libros.

Distribuir contido


by Dr. Radut