Skip to Content

Actividades,saídas e celebracións

SAMAIN

                                                                                 
 

 Bruxas, contos de medo, feitizos...E tempo de Samaín. Celébrámolo nas aulas e participamos nas acti¡vidades programadas polo equipo da Biblioteca. Bota unha ollada na galeríae no blogue da Biblioteca

 

¡BO NADAL!

NORABOA A DARIO RIVAS  POR SER O GAÑADOR DO CONCURSO DO CARTEL DO "ROSCON SOLIDARIO". TAMÉN FELICITACIÓNS A NURIA HERMIDA QUE QUEDOU DE FINALISTA.

      

II EDICIÓN DO CONCURSO DE DOCES

¡Xa temos gañadores do concurso de doces! 

Foi unha decisión moi difícil tanto pola cantidade como a calidade das tartas, como podedes ver na galería de imaxes. Grazas a todos pola vosa participación.

      

Noraboa a Lucía Sande, a Tania Fernández, a Aroa Fernández, a Carmen Pérez, a Verónica Cerqueiro, a Diego Iglasias, a Aldara Vaamonde e a Valeria Samper. 

Gañaron uns libros de receitas cos que seguir practicando para seren mestres pasteleiros.

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

O 29 de xaneiro  conmemoramos  o "Día Escolar da Non Violencia e a Paz" con diferentes actividades dentro das aulas e decorando os corredores con cadenetas e pingas. Todos aprendimos a canción "Somos una marea de gente"de Macaco. 

Neste vídeo veredes aos nenos de infantil cantando a canción.

 

ADAPTACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS DO 3º TRIMESTRE

 Seguindo as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia ditadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, quedan publicadas nesta web as adaptacións das Programacións Didácticas referidas a dito trimestre, as cales podedes consultar descargando os ficheiros correspondentes a cada área/materia e curso/etapa que se achegan. Para calquera dúbida, contactade cos mestres/titores.

ENTROIDO OLÍMPICO

Álbum: Curso 2019/2020 -> Entroido

O día de entroido o Pavillón encheuse de deportistas desfilando baixo as bandeiras dos seus países. Baixo a dirección de noso mestre de cerimonias, Rafa, disfrutamos da celebración dos nosos "xogos olímpicos" coa súa correspondente inaguración, desfile, bailes e clausura.

Este é o vídeo da clausura, paRa ver os demais vídeos coas diferentes actuacións prema en cada enlace:

NORABOA ÁS FINALISTAS E GAÑADORA DO CONCURSO DE E. VIAL ANCAS

Álbum: Curso 2019/2020 -> Educación vial. Concurso Ancas

Noraboa ás nenas de 6º polo seus premios no concurso de Educación vial Ancas, a Esperanza Crocetta, gañadora, e a Susana Doldán, Julia Centeno e Sara Fernández., finalistas.

SAMAÍN E MAGOSTO

Todo o cole disfrutamos moito estas celebracións.  PREMA AQUI PARA VER TODAS AS FOTOS e prema aqui para ver o pequeno video de 1ºC e aqui para ver o de 2ºC.

Os corredores enchéronse de cabazas decoradas polos nenos coa axuda das súas familias, de murais con bruxas, feitizos, castañas... 

Os nenos disfrazáronse dos seus personaxes terroríficos e non tan terroríficos favoritos, comeron doces de medo e escoitaron contos do Samaín na biblioteca. Os nenos de 6ºB anímaronse cun scape room, que, por certo, lograron resolver (PREMA PARA VER CON MÁIS DETALLE) .

      

Tamén disfrutamos dun magosto xenial: xogos tradicionais e degustación de castañas.

Agradacemos a inestimable colaboración dos pais e mestres asadores!

     

 

CONCURSO DE TORTAS

Moitas grazas a todas as familias pola vosa participación no concurso.

Aínda que os nenos que fixeron de xuices non tiveron nada doado tomar a decisión, os ganadores foron:

  • Torta sen gluten: Carmen Pérez Rodríguez de 6ºC
  • Andrés Rojas de 1ºB
  • Deborah Monsalve de 2ºB
  • Hugo Carreira de 3ºB
  • Ashley Hernández de 4ºC
  • Miguel Montesinos de 5ºD
  • Elisa Fernández de 6ºC

Noraboa a eles e a todos os participantes!

Podedes ver todos os postres premendo aquí.

DIA DAS LETRAS GALEGAS

O xoves 16 de maio xuntámonos todos os cursos no pavillón para celebrar o "Dia das letras galegas", adicado este ano a Antón Fraguas.

Recitamos todos xuntos "A voda da mosca e a pulga" e os alumnos de 6º recordaron a súa biografía e bailaron a muiñeira.

Prema aqui para acceder a galería de fotos e prema sobre este enlace para ver o vídeo do baile.

Rematamos coa recollida de cada curso dun libro para a biblioteca de aula.

   

Distribuir contido


by Dr. Radut