|
O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das persoas con discapacidade. Declarado en 1992 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, ten como obxectivo promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida. |
O departamento de orientación do centro recoméndanos algúns recursos de interese tales como libros, contos e curtametraxes para abordar este tema coas nenas e nenos. Preme aqui para acceder a estes recursos