O martes 11 de decembro os nenos de Educación Infantil recibiron unha visita moi especial. Os terapeutas ocupacionais Daniel Ramos e Miriam Vizcaíno chegaron acompañados de Nana e Gym, dous cans de terapia/intervención para presentar no noso cole o proxecto "JunTOS eduCANdo".
Este proxecto pretende que, có traballo conxunto de terapeutas e mestres, os nenos poidan obter o maior beneficio do programa educativo e do xogo inclusivo dentro do ámbito escolar.
Ogallá poidamos contar con eles polo que resta de curso!
|
|
|
|