Iniciar sesión
SECRETARÍA
IGUÁLA-T
Proxecto Iguala-T
admin — Mér, 26/06/2024 - 19:43
O Observatorio Galego contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero, adscrito á Consellería de Política Social e Igualdade, publicou recentemente tres Decálogos pola Igualdade LGTBI (Educación, familias e deporte). Facilitamos aquí o enlace en PDF os dirixidos a Educación e Familias. Olládeos.
Actividade Diversidade e Inclusión
admin — Mar, 18/06/2024 - 09:05
O pasado xoves, 13 de xuño, a rapazada de Infantil desfrutou dunha sesión de contacontos e actividades coa temática do respecto as diferenzas, os corpos non normativos e a inclusión a cargo do CIM do Concello de Padrón.
Iguala-T Contacontos
admin — Mér, 24/04/2024 - 19:20
Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo
admin — Mar, 02/04/2024 - 09:07
A través do conto "O cazo de Lorenzo" podemos entender e reflexionar sobre a importancia da autoestima, o amor, a perseveranza e a empatía que se precisan para superar as diversas dificultades que atopan moitas persoas da nosa sociedade actual.
Iguala-T
admin — Mar, 19/03/2024 - 15:43
No Equipo IgualaT aplicamos o aprendido na formación e creamos, en colaboración co Equipo de Biblioteca, este recuncho no que expoñemos estes contos.
Formación Iguala-T
admin — Ven, 08/03/2024 - 09:56
Este xoves, 7 de marzo, as 16 mestres e mestras inscritas/os no Contrato Programa Iguala-T, recibiron a primeira sesión de formación sobre Diversidade afectivo-sexual e de xénero, da man de Marcos Barreira.
Proxecto IgualaT Educación Infantil
admin — Mér, 28/02/2024 - 18:08
Nova sesión de contacontos dentro do programa IgualaT. Neste caso titulado "Piratrans".
Proxecto IgualaT Educación Infantil
admin — Lun, 26/02/2024 - 16:35
Primeira sesión de contacontos sobre igualdade de xénero enmarcado dentro do programa IgualaT. Posterior debate sobre "por que dicimos que hai cousas de nenos e cousas de nenas?" baseado no conto e en diferentes imaxes.
Entrevista sobre diversidade afectivo-sexual
admin — Xov, 19/10/2023 - 19:25
Con motivo do Día da saída do armario, o alumnado de 6º puido coñecer, a través dunha entrevista a Ana Ojea, o que conleva para as persoas deste colectivo o feito de visibilizarse.
Calendario
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |