Iniciar sesión: Acceso

cp innova cp inclúe e-dixgal Educación responsable EDLG Voz natura Plan dixital

Artigos

Listaxe definitiva: Fondo Libros, axudas Material e Libros de Texto

Estimadas familias:
Dende o día de hoxe, xa está publicada a listaxe definitiva do Fondo de Libros, así como a das axudas para a adquisición de material e libros de texto.
Os interesados/as poderán consultar o estado do seu expediente na seguinte ligazón https://www.edu.xunta.gal/fondolibros accedendo á aplicación no menú "Cidadán", coa chave 365, ou ben, consultalo no taboleiro de novas que se atopa no interior do centro ata o venres 12, en horario de 10:00-13:00h.

Unha vez pasado o verán, poderedes pasar polo centro a recoller os cheques nas seguintes quendas:

Martes 3 de setembro: 1º,2º e 5º de Primaria. 

Mércores 4 de setembro: 3º, 4º e 6º de Primaria.

Lembrámosvos que horario de atención ao público é de 10-13h.

En caso de que fose imposible vir nestas quendas rógase que chamedes para avisar. 

Moitas grazas!!

Libros de texto 2024-25

LISTAXE DE LIBROS 2024-25

(Cómpre aínda non mercar ningún ata setembro)

Fondo libros e Axudas libros de texto e material escolar

Informamos que segundo a Orde de convocatoria as solicitudes para o vindeiro curso 2024/25 presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-Anexo I e Anexo II) accesibles dende a sede electrónica da Xunta de Galicia (crear solicitude e presentala electrónicamente). 

Tamen pode cubrirse a solicitude a través da aplicación FONDO LIBROS. Fai clic na imaxe para acceder á Orde da convocatoria:

 

 

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro.

Lembrade que tendes que concertar cita previa. Haberá impresos na porta de entrada do colexio.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 21 de xuño ás 14h.

 

LISTAXE DEFINITIVA DO FONDO DE LIBROS E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR E LIBROS DE TEXTO

Xa está publicada a listaxe definitiva do Fondo de Libros así como a das axudas para a adquisición de material e libros de texto.

Os interesados/as poderán consultar o estado do seu expediente na seguinte ligazón https://www.edu.xunta.gal/fondolibros accedendo á aplicación no menú "Cidadán", coa chave 365, ou ben, consultalo no taboleiro de novas que se atopa no interior do centro. 

A entrega dos libros, dos cheques de material e dos vales para a adquisición dos libros de texto será nas seguintes datas:

1º e 2º curso: martes, 5 de setembro

3º e 4º curso: mércores, 6 de setembro

5º e 6º curso: xoves, 7 de setembro

 

Excepcionalmente, no caso de ter varios fillos en diferentes cursos, poderán vir a recollelos xuntos en calquera das datas indicadas.

 

Back to top