Skip to Content

Dirección

FONDOLIBROS - LISTAXE PROVISIONAL 21-22

Publicada a listaxe provisional das axudas FONDOLIBROS para o curso 2021-22.

A listaxe pódese ver no taboleiro interior do centro.

Só aparece o número de libros asignado a cada alumno/a.

Prazo de reclamación: 2 días.

Na listaxe definitiva aparecerá o reparto por materias.

FONDOLIBROS 2021-22 - AXUDAS MATERIAL ESCOLAR

LIBROSConvocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2020/2021

 

Na seguinte ligazón pódese acceder á Orde e os anexos da convocatoria

 

http://www.edu.xunta.es/fondolibros

 

 

Ademais, achegamos información concreta para as distintas modalidades de axuda nos seguintes enlaces:

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR. SÓ PRIMARIA.

AXUDAS LIBROS 1º E 2º DE PRIMARIA.

FONDO SOLIDARIO 3º, 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA. PRÉSTAMO.

 

ANEXO I 

ANEXO II

 

 

O alumnado que remata 6º de Primaria este ano, terá que solicitar a información no IES no que se matriculou para o curso que ven.


 

IMPORTANTE

 

É OBRIGATORIO SOLICITAR CITA PREVIA PARA A PRESENTACIÓN PRESENCIAL DA DOCUMENTACIÓN: TELÉFONO 881 866 814


 

 


PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS 21-22

Con data de hoxe, facemos pública a listaxe DEFINITIVA de admitidos para o curso 2021-22 cuxas solicitudes foron dentro do prazo ordinario.
A publicación faise segundo a normativa:

  • Presencialmente: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.

  • Telemáticamente: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.

AVALIACIÓN 2º TRIMESTRE

Segundo instrucións recibidas desde a Inspección Educativa, informamos que o vindeiro xoves, 2 de abril, serán publicadas as cualificacións do alumnado correspondente ao segundo trimestre do curso.

Esta publicación, na EDUCACIÓN PRIMARIA, será de forma telemática e para poder acceder ás notas deberase ter instalada no teléfono móbil a aplicación "AbalarMóbil" da Xunta de Galicia. Aquí deixamos unha ligazón para poder descargar e instalar dita aplicación, no caso de que aínda non se tivese no móbil.

Se algunha familia tivese problemas para acceder ás cualificacións, deberá poñerse en contacto co centro a través do correo electrónico ceip.ricardo.tobio@edu.xunta.gal ou a través do teléfono 622 769 810.

Un saúdo.

A dirección.

SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES LECTIVAS E EXTRAESCOLARES

GUÍA ABALAR MÓBIL

A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, ofrece abalarMóbil. Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.

FONDO SOLIDARIO, AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 2017-18

O luns 22 de maio foi publicada a Orde para solicitar as axudas para libros do alumnado de 1º e 2º de Primaria, o fondo solidario de libros para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e as axudas para material escolar do alumnado de toda Primaria.

Nesta convocatoria a solicitude é a mesma para as distintas axudas e  só é necesario presentar unha por familia xa que este ano a solicitude é única para todos os fillos/as que estean no mesmo centro.
Poden descargar as follas informativas que realizou o colexio pulsando en cada unha delas:

Tamén poden descargar a SOLICITUDE pulsando aquí 

O prazo para presentar as solicitude é ata o 23 de xuño, inclusive.

CHARLA PARA AS FAMILIAS SOBRE ACOSO ESCOLAR

 Dende o centro, coa colaboración do Departamento de Orientación, estamos a desenvolver un programa de actuacións dentro do Plan Director para a Convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos.

Entre as actuacións a realizar, teremos varias charlas, tanto para alumnado como para familias, relacionadas con temáticas asociadas a problemáticas de actualidade.

O vindeiro XOVES día 26 de novembro, terá lugar no Colexio, unha charla dirixida ás familias, sobre ACOSO ESCOLAR.

Será ás 16'30 e recomendamos a súa asistencia, xa que pensamos que é moi importante o coñecemento e a prevención neste tema.

Distribuir contido


by Dr. Radut