Skip to Content

AVALIACIÓN 2º TRIMESTRE

Segundo instrucións recibidas desde a Inspección Educativa, informamos que o vindeiro xoves, 2 de abril, serán publicadas as cualificacións do alumnado correspondente ao segundo trimestre do curso.

Esta publicación, na EDUCACIÓN PRIMARIA, será de forma telemática e para poder acceder ás notas deberase ter instalada no teléfono móbil a aplicación "AbalarMóbil" da Xunta de Galicia. Aquí deixamos unha ligazón para poder descargar e instalar dita aplicación, no caso de que aínda non se tivese no móbil.

Se algunha familia tivese problemas para acceder ás cualificacións, deberá poñerse en contacto co centro a través do correo electrónico ceip.ricardo.tobio@edu.xunta.gal ou a través do teléfono 622 769 810.

Un saúdo.

A dirección.



page | by Dr. Radut