Skip to Content

COMEZAMOS A RENOVACIÓN DO PATIO DO COLE

No primeiro trimestre deste curso retomamos o Proxecto de Renovación do Patio do Centro, un patio para todas e todos.

Primeiramente, preguntámoslle aos nenos e nenas que lles gustaría que houbese no patio do seu cole. Nese momento saíron un montón de boas ideas que empregamos para facer un pequeno esbozo de como podería ser ese novo patio.

Tamén pedimos colaboración ás familias e ao concello para poder facer realidade o patio que queremos e organizámolo todo para neste segundo trimestre, poñernos mans á obra!!!

Aquí vos deixamos algunhas imaxes do proceso de cambio...

Pouco a pouco iremos amosando máis imaxes da renovación. Estade moi atentos/as!!!



blog | by Dr. Radut