Skip to Content

ADMISIÓN ALUMNADO NOVO 2019-20

O día 1 de marzo comeza o proceso de admisión de alumnado en centros educativos. Aquí aportamos a información necesaria:

NORMATIVA REGULADORA:

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG do 15/03/2013).

ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

 

 

OFERTA DE PRAZAS:

EDUCACIÓN INFANTIL

4º de Ed. Infantil (1 unidade) - 22 vacantes + 3 reservadas para alumnado con necesidades especiais
5º de Ed. Infantil (1 unidade) - 18 vacantes
6º de Ed. Infantil (1 unidade) -  11 vacantes

EDUCACIÓN PRIMARIA

1º de Primaria (1 unidade) - 11 vacantes + 3 reservadas para alumnado con necesidades especiais.
2º de Primaria (1 unidade) - 10 vacantes
3º de Primaria (1 unidade) - 5 vacantes
4º de Primaria (1 unidade) - 12 vacantes
5º de Primaria (1 unidade) - 9 vacantes
6º de Primaria (1 unidade) - 12 vacantes

PRAZOS DE PRESENTACIÓN:

 As solicitudes poderanse presentar desde o 1 ata o 20 de marzo, inclusive.

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN:

  • Impreso de Solicitude Oficial (Anexo II) pódese descargar desde esta ligazón.
  • Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.
  • Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a.
  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.

 

 

AdxuntoTamaño
ED550B-G.pdf1.13 MB


page | by Dr. Radut