Skip to Content

LLGG 2018

M.V. MORENO, COMPROMISO SOCIAL

Ademais do traballo nas aulas, impartía cursos de galego en asociacións, o que lle custaría no franquismo a retirada do pasaporte. O compromiso, ademais, non era só coa lingua, era tamén cos menos favorecidos: «O galego é unha vella lingua de cultura, pero daquela había unha clara diferenciación social, e era a lingua dos pobres. ¡Pero fillo, cos pobres sempre estiven! Daquela fíxome moita ilusión traballar polo galego, e se tivese outra vez vinte anos volvería facelo», lembraba o ano da súa xubilación. Fonte: premer aquí.

Recomendamos

Descargables (máis aquí)

Educación Infantil

Educación Primaria

M.V. MORENO E AS LINGUAS

"Eu non son alófona porque o que practico, se é que escribo, podería definirse coma unha amorosa autofonía (…). A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor", declaraba María Victoria Moreno, en 1993, no congreso "Poetas alófonos en lingua galega". Máis info aquí.

Recomendamos

Descargables (máis aquí)

Educación Infantil

Educación Primaria

 

Ligazóns de interese

Actividade LIM para 1º e 2º do Seminario Galán

M.V. MORENO COMO ESTUDANTE

Fixo o bacharelato en Barcelona e licenciouse en Filoloxía Románica na Universidade de Madrid, onde tivo de profesores a Rafael Lapesa e Dámaso Alonso. Máis info aquí.

Recomendamos

Descargables relacionados co cartel (máis aquí)

Educación Primaria

 

Ligazóns de interese

Pasa-palabra do CEIP A Ponte

M.V. MORENO: DE ONDE ERA?

María Victoria Moreno naceu en Valencia de Alcántara, unha vila de Cáceres (Estremadura) que, noutro tempo, pertenceu a Portugal, e que está a doce quilómetros da fronteira. Si, pasou a súa infancia na Raia. Que por que é isto importante? Porque viviu o seus primeiros anos entre dous territorios, nos límites, entre dúas linguas: o español e o portugués. Porque, para fuxir dos horrores da posguerra en Estremadura, inventaba historias. Porque o seu afecto polos idiomas foi decisivo á hora de escoller en cal quería vivir e escribir [...]. Máis info en RIOS, E. e AGRA, E. (2016).

Todos estes traslados levan a preguntarnos se pode afirmarse que María Victoria era "estremeña". Cremos que non. Naceu nunha vila de Cáceres por azar, de pai e nai que non tiñan raíces en Estremadura. Viviu tres anos en Badaxoz, para marchar en 1943 a Segovia. Máis info en CASALDERREY, F. e ALEIXANDRE, M. (2018).

Recomendamos

Actividades descargables relacionados co cartel (máis aquí)

Educación Primaria

 

Distribuir contido


by Dr. Radut