Skip to Content

M.V. MORENO: DE ONDE ERA?

María Victoria Moreno naceu en Valencia de Alcántara, unha vila de Cáceres (Estremadura) que, noutro tempo, pertenceu a Portugal, e que está a doce quilómetros da fronteira. Si, pasou a súa infancia na Raia. Que por que é isto importante? Porque viviu o seus primeiros anos entre dous territorios, nos límites, entre dúas linguas: o español e o portugués. Porque, para fuxir dos horrores da posguerra en Estremadura, inventaba historias. Porque o seu afecto polos idiomas foi decisivo á hora de escoller en cal quería vivir e escribir [...]. Máis info en RIOS, E. e AGRA, E. (2016).

Todos estes traslados levan a preguntarnos se pode afirmarse que María Victoria era "estremeña". Cremos que non. Naceu nunha vila de Cáceres por azar, de pai e nai que non tiñan raíces en Estremadura. Viviu tres anos en Badaxoz, para marchar en 1943 a Segovia. Máis info en CASALDERREY, F. e ALEIXANDRE, M. (2018).

Recomendamos

Actividades descargables relacionados co cartel (máis aquí)

Educación Primaria

 



page | by Dr. Radut