Skip to Content

Blogue de Carme

EN 1º CELEBRAMOS A XORNADA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O 24 de outubro celebramos no cole o día da nosa biblioteca. En 1º encántanos ir visitar a biblio, así que ese día, aproveitamos para coñecer mellor como funciona e tamén facerlle unha visita á nosa mascota Roky, quen nos tiña preparada unha mensaxe moi importante. Velaí o video resume da xornada.

PASEO MEDIOAMBIENTAL PARA REMATAR O CURSO

Rematamos 2º e quixemos despedirnos facendo unha ruta no entorno do noso cole..descubrimos que no noso monte hai un montón de tesouros que temos que  conservar e coidar. Con esa idea damos por finalizada esta etapa e preparámonos con ilusión para comezar 3º no vindeiro curso.

Toca disfrutar das vacacións!!! FELIZ VERÁN!!!

 

ELABORAMOS COLONIA

ESTA SEMANA ESTIVEMOS TRATANDO O TEMA DAS PLANTAS EN 2º. COÑECEMOS AS SÚAS PARTES, AS DISTINTAS CLASES, OS SEUS USOS...APROVEITAMOS PARA EXPERIMENTAR COMO SE PODÍA FACER COLONIA A PARTIR DA LAVANDA. VELAQUÍ TEDES O VIDEO DA ACTIVIDADE.

RECITAMOS CON CASTELAO:"LELA"

CON MOTIVO DO DÍA DA POESÍA, EN 2º RECITAMOS O POEMA DE CASTELAO "LELA" CON MOITO SENTIMENTO...

 

APRENDEMOS SEGURIDADE VIARIA CON MARCOS

HOXE TOCOULLE A MARCOS, PROFESOR DE AUTOESCOLA, ENSINARNOS MOITAS COUSAS SOBRE COMO DEBEMOS ACTUAR COMO PEÓNS: REPASAMOS OS SINAIS DE TRÁFICO, AS NORMAS PARA ANDAR EN BICI, COMO IR BEN SENTADOS NO COCHE E NO AUTOBÚS...UN MONTÓN DE APRENDIZAXES IMPORTANTES.

APRENDEMOS A BAILAR SEVILLANAS!!!

Este martes Paqui e Nora ensináronnos a bailar sevillanas. Pasámolo en grande e aprendemos moito sobre esta danza andaluza. Velaquí o video coa actividade:

Charla de enfermería

En 2º estamos coa temática dos OFICIOS, así que quixemos aprender de primeira man en que consiste o traballo de enfermería. Montse explicounos moitas cousas interesantes desta importante profesión.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut