HOXE TOCOULLE A IRENE VIRNOS A CONTAR EN QUE CONSISTE O SEU OFICIO. EXPLICOUNOS QUE LEVA TRABALLANDO NO SUPERMERCADO 25 ANOS E LEMBROUNOS A LABOR TAN IMPORTANTE QUE FIXERON NOS TEMPOS DO CORONA VIRUS, CANDO FORON UNS DOS POUCOS QUE PERMANECERON ABERTOS.
RAÚL ENCARGOUSE DE PRESENTÁRNOLA:
IRENE INSISTIUNOS NA IMPORTANCIA DE ESTUDIAR MOITO PARA ESTAR BEN PREPARADOS E COMENTOUNOS QUE CO SEU TRABALLO DISFRUTABA MOITO, SÓ LLE GUSTABA POUCO CANDO VIÑA O XEFE A FACER UN CONTROL...ERA COMO TER UN EXAME!!!
A SÚA LABOR NO SUPERMERCADO É REVISAR QUE TODO ESTÉ EN ORDEN, ATENDER RECLAMACIÓNS DOS CLIENTES, CAMBIAR OS PREZOS DOS PRODUTOS E SUPERVISAR O BO FUNCIONAMENTO DOS DISTINTOS DEPARTAMENTOS.
APROVEITOU TAMÉN PARA EXPLICARNOS COMO ESTABAN COLOCADOS OS PRODUTOS NOS SUPERMERCADOS E QUE TIÑAMOS QUE SELECCIONAR BEN O QUE COMPRAMOS, FALOUNOS DA PIRÁMIDE DOS ALIMENTOS E DAS NORMAS QUE TEMOS QUE CUMPRIR: USAR LUVAS PARA A FROITA E O PAN, NON ENTRAR CON ANIMAIS NIN MOCHILAS, NON COMER NIN BEBER...
FALOUNOS ADEMAIS DO IMPORTANTE DE RECICLAR, LEMBROUNOS QUE LEVARAMOS SEMPRE BOLSA PARA A COMPRA, QUE EVITARAMOS USAR PLÁSTICOS E QUE RECICLARAMOS AS PILAS E O CARTÓN NOS CONTEDORES AXEITADOS QUE SOE HABER FÓRA DOS SUPERMERCADOS.
APRENDEMOS MOITO CON IRENE E, COMO ESTIVEMOS MOI ATENTOS, AGASALLOUNOS CUNHAS CHOCOLATINAS.
MOITAS GRAZAS POR VIR, IRENE!