Skip to Content

Responder ao comentario

2 DE ABRIL DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

 

 O 27 de novembro de 2007 a Asamblea Xeral da ONU adoptou unha resolución pola que se declara o 2 de abril DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO con tres grandes obxectivos:

-Alertar que a incidencia desta enfermidade está aumentando en todo o mundo.

-Recordar que o diagnóstico temperá, a investigación e a intervención apropiadas "son vitais para o crecemento e desenvolvemento das persoas afectadas por este trastorno".

-Suliñar que a Convención dos Dereitos do Neno estipula o dereito dos menores discapacitados a disfrutar dunha vida plena e digna, indicándose que o autismo é unha condición "incurable" e que afecta a 6 de cada 1.000 menores de 10 anos e altera as capacidades de comunicación. relación e imaxinación, sin que, polo momento, se coñezan as causas exactas.  

No noso Centro estamos especialmente sensibilizados con este tema porque hai alumnos con este trastorno. Pincha no archivo adxunto si queres saber algunhas cousas moi básicas que poden axudar a entender esas reaccións e actitudes que poden mostrar e non sempre entendemos.

 

Responder



by Dr. Radut