Skip to Content

Blogue de isa

LOGO DO AUTISMO

 

As cores do autismo son o vermello, amarelo, azul claro e azul oscuro que forman parte do lazo para a concienciación do autismo.

Foi creado pola ASA (Autism Society of America).

O lazo ten o seguinte significado:

"O puzzle reflexa o misterio e a complexidade do espectro do autismo.

As diferentes cores e formas representan a diversidade de persoas e familias vivindo co autismo. 

O brillo do lazo é sinal de esperanza -  esperanza para que incremente a concienciación sobre o autismo, a investigación, a intervención temperá e os tratamentos adecuados."

AS NOSAS RIMAS

Como ven sendo habitual, na aula de AL procuramos participar nas actividades propostas ao Centro, adecuándoas aos nosos obxectivos, posibilidades e características.

Aquí vai unha pequena mostra das nosas rimas, adicadas ás "pequenas" ou grandes cousas que nos rodean.

 

      

 

 

 

CURSO DE TEL (Trastorno Específico da Linguaxe)

Para aquelas persoas que poidan estar interesadas, os vindeiros 17 e 24 de abril celebrarase, en A Coruña, un curso sobre o Trastorno Específico da Linguaxe (TEL). Máis información no tríptico adxunto.

 

2 DE ABRIL DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

 

 O 27 de novembro de 2007 a Asamblea Xeral da ONU adoptou unha resolución pola que se declara o 2 de abril DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO con tres grandes obxectivos:

-Alertar que a incidencia desta enfermidade está aumentando en todo o mundo.

-Recordar que o diagnóstico temperá, a investigación e a intervención apropiadas "son vitais para o crecemento e desenvolvemento das persoas afectadas por este trastorno".

-Suliñar que a Convención dos Dereitos do Neno estipula o dereito dos menores discapacitados a disfrutar dunha vida plena e digna, indicándose que o autismo é unha condición "incurable" e que afecta a 6 de cada 1.000 menores de 10 anos e altera as capacidades de comunicación. relación e imaxinación, sin que, polo momento, se coñezan as causas exactas.  

No noso Centro estamos especialmente sensibilizados con este tema porque hai alumnos con este trastorno. Pincha no archivo adxunto si queres saber algunhas cousas moi básicas que poden axudar a entender esas reaccións e actitudes que poden mostrar e non sempre entendemos.

 

FACENDO CÓMICS

Creo que non fan falta moitas explicacións. Probando a facer cómics! 

CÓMIC sAMANTA

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

SOLO TRES LETRAS

Oscar leyendo

 

O 29 de xaneiro, cando conmemoramos no Centro o Día da Paz, un alumno que ven á aula de A.L., leu para todo o alumnado esta poesía de Gloria Fuertes:

SOLO TRES LETRAS

Solo tres letras, tres letras nada más,

solo tres letras que para siempre

aprenderás.

Solo tres letras para escribir PAZ.

La P, la A y la Z, solo tres letras.

Solo tres letras, tres letras nada más,

para cantar PAZ, para hacer PAZ.

La P de pueblo, la A de amar

y la Z de zafiro o de zagal

(de zafiro por un mundo azul

de zagal por un niño como tú).

Óscar e eu no salón de actos 

DIFERENTES E IGUAIS

DIFERENTES E IGUAISTamén con motivo da paz, elaboramos na aula de A.L. outro mural titulado DIFERENTES E IGUAIS, no que quixemos expresar que a pesar das nosas diferenzas, o que nos enriquece e nos axuda a valorar o que temos, todos temos os mesmos dereitos e deberíamos ter as nosas oportunidades.

Este mural tamén o fixemos en audio. Todo o alumnado que ven á aula de A.L. gravou, máis ou menos texto, en función das súas posibilidades, unha parte da mensaxe que queriamos transmitir.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A PAZ DESDE A NOSA AULA

cartel de pazCon motivo da conmemoración do Día da Paz na aula de A.L. fixemos un mural no que explicábamos por qué se celebra o 30 de xaneiro. Para eso buscamos información sobre GANDHI e elaboramos uns pequenos textos no ordenador. Aínda que só firman dous nenos, o traballo foi levado a cabo por máis alumnos, na medida das súas posibilidades: un recortou a pomba grande e intentou colorear, outra alumna recoñeceu as letras de PAZ e coloreounas, e os dous que firman elaboraron os textos e pegáronnos. Participaron ALBA, PABLO,JAVI, CAYETANO, ALEX E ÓSCAR.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

2009 ANO INTERNACIONAL DA ASTRONOMÍA

Como xa sabedes, o 2009 estivo adicado á astronomía, tema que no noso cole estivemos traballando no 1º trimestre deste curso. Nós, desde a aula de AL tamén participamos elaborando algúns murais.

A PAZ O CURSO PASADO

Como se acerca o DÍA DA PAZ envíovos un resumo do que fixemos o curso pasado na aula de AL para conmemorar o día. O deste ano estamos en proceso de elaboración, xa o veredes!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut