Responder ao comentario
COMEZAMOS XOGO
Boas,
como hoxe o día non está para seguir recollendo flores déixovos un par de ideas para facer as vosas propias.
Pintando flores. Na imaxe de abaixo vedes o paso a paso para que os nenos fagan os seus cadros de flores
usando como ferramenta un garfo e témpera líquida, as cores quedan á vosa elección. Estou segura de que se
lles deixades que pinten o tallo mollando o dedo na pintura, estarán máis que encantados
Flores de papel. Se non tedes témpera líquida na casa aquí vos deixo esta outra opción. Para ela podedes
utilizar folios de cores, papel reciclado de revistas ou agasallos, ou que sexan os propios nenos e nenas
os que lle den color ao ramo.
ATENTOS, HOXE COMEZAMOS UN XOGO NO QUE TODOS ESTADES CONVIDADOS A PARTICIPAR!
Cada día irei colgando a foto dun dos nenos de pequenos (de máis pequenos) e abaixo en comentarios debedes por de quen cre a vosa
nena ou neno que é a imaxe. Aí van a foto de hoxe!
Os que aínda non enviástedes a foto recordade que debedes facelo ao correo susana@ramallosa.org
SEGURO QUE AOS VOSOS
PEQUENOS LLES ENCANTARÁ VERSE DE BEBÉS NA PANTALLA DO ORDENADOR XUNTO CON OUTROS COMPAÑEIROS E
COMPAÑEIRAS, ASIQUE ESPERO AS VOSAS FOTOS