Skip to Content

Actividades

SEMANA DA PRENSA

Durante a pasada semana cebramos a SEMANA DA PRENSA. Compramos diferentes periódicos e revistas para que poideran ver a variedade que exise. Así mesmo, cando os titores o consideraron oportuno celebraron por titorías un día de traballo con periódicos e sen libros.

ALMORZO SAUDABLE E SAUDE BUCODENTAL

Hoxe no cole tivemos para o alumnado de 5º e 6º de primaria unha CHARLA formativa e motivacional sobre alimentación saudable e sobre hábitos hixiénicos bucodentais, impartida esta última por unha antiga alumna deste colexio Agustina Busi, dentista colexiada.

DIA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe conmemoramos o DIA INTERNACIONAL DA MULLER. O alumnado de 6º de primaria repartiu lazos violetas na hora da entrada do cole e despois en todas as clases, e léronnos un manifesto na hora de ler. Tamén este día serviunos para estrenar a nosa impresora 3D. O alumnado de 5º e 6º, guiados polo coordinador da Biblionova, imprimiron uns lazos que despois repartiron entre as dúas clases.

Aquí tedes algunhas fotos:

ENTROIDO 2019

O venres 1 de marzo celebramos o ENTROIDO. Como sempre, disfrazámonos, desfilamos, queimamos o meco, merendamos e bailamos. Este curso os disfraces xiraron en torno ao PDI que estamos a traballar, a Educación Vial.

Aqui tedes algunhas fotos:

DIA DE ROSALIA DE CASTRO

Hoxe conmemoramos o DIA DE ROSALIA. Durante a Hora de Ler todos os cursos recitamos poesías de Rosalía, incluso en inglés e cantamos unha canción de Álvaro Cunqueiro.

DIA DA PAZ

Hoxe celebramos o DIA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA. Os nenos e nenas de 6º explicáronnos que era o que celebrábamos e porque. Os nenos e nenas de 1º e 2º cantaron unha canción con "pictos" e o resto cantamos todos o Himno da Alegría acompañados polos nenos e nenas de 5º e 6º á frauta.

PROXECTO EDUCATIVO DE EDUCACIÓN SEXUAL

Posto en marcha dende a Deputación Provincial de Lugo, os nenos e nenas de 6º de primaria participan no PROXECTO EDUCATIVO DE EDUCACIÓN SEXUAL DIRIXIDO AO ALUMNADO DE SEXTO DE PRIMARIA DOS COLEXIOS PUBLICOS DA PROVINCIA DE LUGO. Este proxecto consiste en dúas charlas dunha hora o luns 28 e o mércores 30 de xaneiro.

DIA DE TEATRO EN LUGO

Este venres 25 o alumnado de educación infantil e de 1º e 2º de educación primaria asistiron no Auditorio Gustavo Freire á representación da obra de teatro "BURBUJAS DE PAPEL".

TEATRO EN LUGO

Este mércores comezamos o segundo trimestre cunha viaxe a Lugo o alumnado de 3º a 6º de primaria para asistir á representación da obra de teatro "TARZAN" en inglés.

Esta vez temos poucas fotos porque averióusenos a cámara e saíron todas movidas.

BO NADAL E VENTUREIRO ANO 2019

Aquí tedes algunhas fotos do noso FESTIVAL DE NADAL e da VISITA DE PAPA NOEL. Tivemos obras de teatro, panxoliñas, poemas, regalos... Gracias a todos pola vosa colaboración e ás familias por acompañarnos.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut