Skip to Content

Actividades

CONMEMORAMOS O DIA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Este 25 de Novembro conmemoramos o DIA INTERNACIONAL DA ELIMINACION DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER. Pola mañá o alumnado de 6º EP repartiu lazos entre as persoas que viñan traer aos nenos e nenas ao cole. A continuación repartiron tamén lazos entre todos os membros da comunidade educativa. Finalmente na hora de ler, todos xuntos no vestíbulo e presentado tamén por dous alumnos de 6º EP vimos un video e lemos un manifesto.

THANKSGIVING DAY

Celebramos THANKSGIVING DAY (ACCION DE GRACIAS). Lissett, a nosa auxiliar de conversa este curso, contounos a historia deste día, porque se celebraba, que se celebraba e como se celebraba. Despois todos comemos o típico turkey (pavo). Aquí tedes algunhas fotos:

LER ABRE OS MEUS OLLOS

Este é o lema co que comezamos a traballar neste curso. Xa sabedes LER ABRE OS NOSOS OLLOS.

O PROXECTO QUE TRABALLAREMOS ESTE ANO E O PATRIMONIO ETNOGRAFICO DO NOSO CONCELLO

Este curso o noso PDI traballará os aspectos etnográficos do noso concello. Imos descubrir moitas cousas que descoñecemos da nosa contorna.

Samaín e Halloween no CEIP Plurilingüe A Pontenova

A finais de outubro celebramos o Samaín e Halloween no noso cole con varias actividades.

Fixemos xogos e elaboramos a receita de galletes de cabaza.

Aquí tedes dous vídeos. Agardamos que vos guste.

https://drive.google.com/file/d/1pmS3Of_tSWvVYRI-uogfs4oDObdfUYOy/view?u...

 

Apetécevos unha aventura? lanzádevos á lectura

 

Ola lectores/as,

 

VIAXE A LUGO E CASTRO DE VILADONGA

O mércores 13 o alumnado de 1º a 4º de educación primaria asistiron a un Concerto Didáctico no Auditorio Gustavo Freire de Lugo, despois visitaron o Castro de Viladonga e tiveron uns obradoiros de cerámica.

TEATRO EN LUGO

Este venres 19 o alumnado de 5º e 6º de primaria asistiron no Auditorio Gustavo Freire de Lugo a unha obra de teatro en inglés, "Zapping". Remataron a visita con un paseo polas Termas.

Para ver máis fotos pincha na imaxen:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut