Nós tamén creamos: "Pelostortos"


 

NÓS TAMÉN CREAMOS: "A FIGUEIRA DE PELOS TORTOS"


Durante este curso e coordinados pol@s profesor@s Ánxeles Vidal, José Luis Feijoó, Juan Manuel Ogando e Adela Maroño participamos na V edición do programa de dinamización lingüística “Nós tamén creamos!” da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación en colaboración coa CRTVG e con OQO editora, elaborando unha curta na técnica de stop motion baseada no conto “A figueira de Pelostortos”. O obxectivo fundamental deste programa é o de promover una imaxe positiva da nosa lingua utilizando, por medio da creatividade, as tecnoloxías da información e a comunicación, e iso foi o que tentamos con esta curta: aportar o noso grau de area. O resultado… xa vos diredes. Nós pensamos que mellorable, ás veces mais que un proxecto de realización semellaba una carreira de obstáculos pero resultou unha boa aprendizaxe.
E así foi o conto: O alumnado de 5 anos de Educación Infantil repartiuse o traballo de elaboración de guións, repentización e gravación dos textos, e deseño e elaboración dos decorados e persoeiros principais. Tamén, logo de moito estudo, gravaron a “Cantiga de Pelostortos” dirixidos pola mestra de música e que resultou un dos grandes éxitos musicais durante o curso 2015/16. A curta podedes visionala na páxina da CRTVG “Nós tamén creamos” buscando “A figueira de Pelostortos. Ceip Pío XII” ou no seguinte enlace: "A figueira de pelos tortos"
 
Gañar non gañamos premio pero aprendemos un rato e metimos moooiiiito medo!