|
|
O MEU CLIMA
INTRODUCIÓN No presente curso 2015/16 participamos unha vez máis no proxecto Meteoescolas coa finalidade de afianzar e profundar nos métodos de traballo de investigación e adquisición de experiencias relacionadas coa meteoroloxía. Pretendeuse que os alumnos/as do centro despertaran o seu interese pola indagación científica, o traballo colaborativo na recollida diaria de datos da estación meteorolóxica co seu estudo posterior nas aulas, a iniciación á predicción do tempo e ao desenvolvemento das competencias básicas. Intentamos que o alumnado tomara conciencia dos cambios máis importantes e os estados do tempo que máis se repiten, aproximándose, así, ao estudo da climatoloxía dunha zona ou comarca. Debemos resaltar o tratamento interdisciplinar como obxectivo e método de traballo, implicando a meirande parte das áreas curriculares para o estudo e análise dos datos recollidos.
GRAO DE CONSECUCIÓN DOS OBXECTIVOS A participación do alumndado e profesorado fixeron que o grao de consecución dos obxectivos fora positivo, deste modo aprenderon a: Manexar os aparellos da estación meteorolóxica: termómetro de máxima e mínima, pluviómetro, barómetro, higrómetro e anemómetro Tomar datos e realizar observacións directas dos fenómenos atmosféricos Analizar as medidas anotadas para valorar a evolución do tempo e a súa predicción. Elaborar gráficos e tablas para confeccionar climogramas como iniciación ao estudo do clima Traballar en equipo realizando actividades e tarefas colaborativas cos compañeiros/as de clase. Desenvolver as competencias básicas do currículo. Comprender o cambio climático.
ORGANIZACIÓN Participaron un total de 175 alumnos/as de 5º e 6º de E. P. e profesorado de ciclo, con quendas para a recollida de datos por nivel e mes como mostra a táboa:
DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES
A) RECOLLIDA DE DATOS.
En quendas rotativas (grupos de tres), diariamente á primeira hora da mañá, recollida de datos na estación meteorolóxica e anotación nuha planilla de temperatura máxima e mínima, pluviosidade, humidade, presión atmosférica e percorrido do vento. Estos datos complétanse tamén con fenómenos meteorolóxicos observables como orballo, escarcha, neve, néboa e treboada.
OUT
|
NOV
|
DEC
|
XAN
|
FEB
|
MAR
|
ABR
|
MAI
|
6ºA |
5ºA |
5ºC |
6ºB |
5ºB |
5ºA |
6ºC |
6ºA |
B) EXPOSICIÓN PÚBLICA NO TABOLEIRO Os datos recollidos na planilla expóñense cada día nun taboleiro de anuncios para a observación da comunidade educativa. C) TRATAMENTO DA INFORMACIÓN EN ALULA. OS CLIMOGRAMAS. Dentro das aulas procédese ao estudo e análise dos datos coa elaboración de táboas, gráficos e cálculos estatísticos: media aritmética das variables, gráfico de barras e gráfico lineal. En Ciencias Sociais, no tema “O Clima”, os alumnos confeccionaron un climograma cos datos da estación do Centro na súa libreta da materia, para podelos comparar despois con outros do noso arredor. D) ESTUDIO, ANALISE E COMPARACIÓNDE DATOS Este curso, o alumnado acercouse ao estudio do cambio climático e o quencemento global. Compararon datos dos meses de novembro, decembro, xaneiro e febreiro do curso pasado cos do presente, observando que as temperaturas destes meses subiron todas cun valor medio de 1’8 ºC. Este contraste animou ao alumnado a establecer un debate, sacando como conclusión que este aumento de temperatura no periodo invernal pode estar moi relacionado co quencemento global do planeta debido á emisión de gases con efecto invernadoiro á atmosfera e relacionalo co cambio climático.
CADRO COMPARATIVO DE TEMPERATURAS
NOVEMBRO |
DECEMBRO |
XANEIRO |
FEBREIRO |
MEDIAS |
2014 |
2015 |
|
11’9 |
8’6 |
8’4 |
7’8 |
9’2 |
2015 |
1016 |
|
13’5 |
11’5 |
10’1 |
8’9 |
11’0 |
+1’6 |
+2’9 |
+1’7 |
+1’1 |
+1’8 |
E) WEB MeteoGalicia
Subir os datos semanalmente ao sitio web de MeteoGalicia.
METODOLOXÍA A metodoloxía empregada nesta actividade contemplou métodos didácticos participativos e facilitadores dunha ensinanza activa e por descubrimento, baseada na indagación e no correcto manexo do método científico.
AVALIACIÓN A avaliación do proxecto foi continua ao longo do curso, tendo como finalidade comprobar a consecución dos obxectivos planificados para o proxecto. A preguntas obxectivas directas, o alumnado sentiuse moi satisfeito pola experiencia e resultados acadados, manifestar ter coñecementos sobre o manexo dos instrumentos da estación, mellorar o seu coñecemento sobre o clima e favorecer moito a súa aprendizaxe. Tamém subliñaron o seu interese e entusiasmo polo traballo en equipo estando dispostos a repetir esta experiencia para o curso que vén. Finalmente, dende o punto de vista do profesorado, o grao de satisfacción foi positivo.
|