Paisaxe e sustentabilidade
Enviado por ceippio12 o Mér, 2014-10-01 18:17
As cores da Alameda. A cor do lobo
|
|
INTRODUCCIÓN No marco do plan proxecta, 12 meses 12 paisaxes, continuamos co proxecto que vimos desenvolvendo dende hai 3 cursos escolares e introducimos unha variación importante. Ata o de agora o foco de atención estivo centrado na paisaxe e este curso dimos un paso adiante realizando o estudo dun animal tan emblemático e fascinante como é “o lobo” o que nos levou a desenvolver un proxecto centrado neste animal. |
|
OBXECTIVOS Nunha metodoloxía de aula activa onde o alumnado ten o protagonismo as planificacións iniciais vanse modelando no transcorrir do curso escolar. Con respecto aos obxectivos iniciais algúns non se desenvolveron e engadíronse outros que non figuraban:
- Coñecemos a contorna do centro escolar.
- Concienciamos ao alumnado da importancia da conservación e mantemento dos espazos naturais.
- Estudamos o lobo como animal propio da paisaxe galega e en perigo de extinción.
- Empregamos unha ferramenta, eXelearnig, para dar a coñecer o proxecto desenvolvido á comunidade educativa.
- Donamos a colleita do invernadoiro a unha institución benéfica.
- Vivenciamos as fases de crecemento, as necesidades e coidado dos vermes de seda.
- Valoramos a arte como recurso para chamar a atención sobre o coidado do medio ambiente.
- Discernimos entre materiais da natureza, que non precisan reciclaxe, e materiais artificiais que sí o precisan.
- Fomentamos un sentir estético que loite contra o feísmo paisaxístico.
|
|
|
ORGANIZACIÓN, DESENVOLVEMENTO E METODOLOXÍA O profesorado máis activo no plan proxecta este curso estivo traballando nas aulas de educación infantil de 3 anos. A curta idade do alumnado condicionou as actividades que se desenvolveron pola dificultade para desplazarse pola contorna do centro escolar, recurso fundamental para a labor de concienciación acerca da importancia e mantemento dos espazos naturais. O alumnado de 1º de primaria realizou saídas tamén polo río Sarela. Como ven sendo habitual, recollemos materiais naturais sen deteriorar nada (landras, paus, follas, pedras, piñas,…) e tamén aproveitamos para recoller todo o lixo que atopamos. Con este material, nas aulas, realizamos un proceso de observación, transformación, composición e creación para desenvolver contidos curriculares tales como curriculares tales como: seriacións, figuras xeométricas, conceptos de cantidade, clasificacións, descripcións, adquisición de léxico, achegamento aos textos descriptivos e expositivos, desenvolvemento da creatividade… e todo iso parello á consecución dunha maior sensibilidade hacia o coidado e embelecemento da contorna extensible ao medio ambiente valorando a importancia de loitar contra o feísmo paisaxístico. En Nadal introducimos unhas pólas espidas de follas como árbore que se foi cubrindo en función das distintas actividades realizadas no centro escolar e atendendo a distintas celebracións e conmemoracións: en nadal con adornos realizados polo alumnado, en xaneiro con mensaxes de paz, en Entroido con elementos típicos destas datas e en primavera con frores naturais que se iban cambiando. A participación do proxecto “Voz Natura” implicou que unha parte importante se adicara ao traballo do horto escolar. A colleita recollida do traballo do primeiro trimestre donouse á Cociña Económica, aproveitando para desenvolver no alumnado valores como a solidaridade e empatía. En canto ao desenvolvemento do “Proxecto sobre lobos” implicamos ás familias e a algunha persoa experta no tema.
Neste link http://proxectolobos.edu.aiovai.org/ está recollido e documentado todo o traballo realizado no terceiro trimestre do curso atendendo ás fases dun proxecto como opción metodolóxica de programación dos contidos curriculares. Este proxecto abrangueu o terceiro trimestre do curso escolar.
|
|
|
AVALIACIÓN Os aspectos que nos levan a determinar a valoración do proxecto foron os seguintes:
- Grao de consecución dos obxectivos.
- Implicación do profesorado e alumnado implicado.
- Motivación e satisfacción no profesorado e alumnado implicado.
- Valoración das familias do proxecto realizado.
- Repercusión nos medios informativos do acto de donación benéfico.
|
|
|
PROFESORADO As saídas pola contorna realizáronse por niveis. Os espazos elexidos para realizalas foron: a Alameda, o río Sarela e o monte Pedroso. O traballo nas aulas cos materiais recollidos foron a nivel individual de cada grupo-aula. A participación na decoración das ramas coas propostas de cada conmemoración foi a nivel de ciclo (educación infantil e 1º de educación primaria). O traballo no invernadoiro foi colectivo pero organizándonos para a plantación, coidado, mantemento e recollida por niveis. A coordinadora do horto escolar foi a mesma persoa que a coordinadora de 12 meses 12 paisaxes. O coidado e seguimento dos vermes de seda foi a nivel de grupo-aula. O proxecto de lobos desenvolveuse no nivel de 3 anos. |
|
|
BIBLIOGRAFÍA Empregada para documentarse sobre proxectos:
- Hernández, F. e Ventura, M. (1994): La organización del currículum por proyectos de trabajo. Graó.
- Díez Navarro, C. (1998): La oreja verde de la escuela. Edicciones de la Torre. Madrid.
- Arias Correa, A. e Rial Fernández, D. (1996): Traballar por proxectos nas aulas de infantil e primaria. Xerais. Vigo.
- Arias Correa, A. e outros (2009): O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria. Xunta de Galicia.
Específica sobre lobos:
- Lanary, J. (2004): El lobo. Ediciones Omega.
- Pérez López, (2010): Os foxos do lobo. Edit.Canela.
- Ling, M. (1995): Asombrosos lobos, perros y zorros. Edit. Bruño.
- Gil Cubillo, J.C. (1998): El lobo. Enigmas de un depredador. Artecolor
|
|