Meteoescolas
Enviado por ceippio12 o Mér, 2014-10-01 18:16
|
|
Este curso participamos una vez máis no proxecto coa finalidade de afianzar e profundar nos métodos de traballo de investigación e adquisición de experiencias relacionadas co saber e a ciencia. Pretendeuse que os alumnos/as do centro despertaran o seu interese pola indagación científica, o traballo colaborativo na recollida diaria de datos da estación meteorolóxica co seu estudo posterior nas aulas, a iniciación á predicción do tempo e ao desenvolvemento das competencias básicas. Intentamos, tamén, que o alumnado tomara conciencia dos cambios máis importantes e os estados do tempo que máis se repiten, aproximándose, así, ao estudo da climatoloxía dunha zona ou comarca. Debemos resaltar, asemade, o tratamento interdisciplinar como obxectivo e método de traballo, implicando a meirande parte das áreas curriculares para o estudo e análise dos datos recollidos. Por último, dando resposta á declaración de intencións recollida na memoria do curso pasado, realizouse tarefas de mantemento e conservación da estación meteorolóxica co pintado desta e a compra dun termómetro dixital de máximas e mínimas máis preciso e de fácil manexo para o alumnado.
|
|
|
GRAO DE CONSECUCIÓN DOS OBXECTIVOS A participación do alumndado e profesorado fixeron posible que se acadaran satisfactoriamente os obxectivos propostos para este curso académico, deste modo aprenderon a: Manexar os aparellos da estación meteorolóxica: termómetro de máxima e mínima, pluviómetro, barómetro, higrómetro e anemómetro Tomar datos e a realizar observacións directas dos fenómenos atmósféricos Analizar as medidas anotadas para valorar a evolución do tempo e a súa predicción. Elaborar gráficos e tablas para confeccionar climogramas como iniciación ao estudo do clima Traballar en equipo realizando actividades e tarefas colaborativas cos compañeiros/as de clase. Desenvolver as competencias básicas do currículo.
ORGANIZACIÓN Participaron un total de 175 alumnos/as de 5º e 6º de E. P. e profesorado de ciclo, con quendas para a recollida de datos por nivel e mes como mostra a táboa:
OUTUBRO
|
NOVEMBR
|
DEC-XAN
|
MARZO
|
ABRIL
|
MAIO
|
XUÑO
|
5ºA
|
5ºB
|
5ºC
|
6ºA
|
6ºB
|
6ºC
|
5ºA
|
DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES A) RECOLLIDA DE DATOS. En quendas rotativas de tres nenos/as cada día, en horario de 9h15’ – 9h20’ aproximadamente, recollen os datos na estación meteorolóxica e anotan nunha planilla diariamente: temperatura máxima e mínima, pluviosidade, humidade, presión atmosférica e percorrido do vento. Estos datos complétanse tamén con fenómenos meteorolóxicos observables como orballo, escarcha, neve, néboa e treboada.
B) EXPOSICIÓN PÚBLICA NO TABOLEIRO. Os datos recollidos na planilla expóñense cada día nun taboleiro de anuncios para a observación da comunidade educativa.
C) TRATAMENTO DA INFORMACIÓN EN AULA. CLIMOGRAMAS. Dentro das aulas procédese ao estudo e análise dos datos coa elaboración de táboas, gráficos e cálculos estatísticos. Por exemplo, calculando as medias das variables tomadas.
En Ciencias Sociais, no tema “O Clima”, os alumnos iniciáronse na confección dun climograma na libreta cos datos da estación do Centro, para podelos comparar despois con outros.
D) OBSERVACIÓN DIRECTA DE FENÓMENOS ATMOSFÉRICOS
Dirección dos ventos predominantes:
Tomando como referencia dende o colexio o Monte Pedroso, os alumnos aprenderon a observar as direccións dos ventos predominantes como método de predicción do tempo.
Compoñente Noreste (45º): Masas de aire frío e seco, asociada a subida barométrica e presencia de anticiclón. O higrómetro marca valores máis baixos. Indican xeneralmente bo tempo.
Compoñente Suroeste (225º): O aire é cálido e húmido, asociado a una baixa barométrica. Indican xeneralmente o paso de frentes e borrascas, mal tempo con predominio de chuvias.
“Anticiclón das Azores”.
O curso pasado obervamos e estudamos a “cicloxénese explosiva”.
Este inverno os alumnos puderon observar a presenza do anticiclón das Azores, algo inusual nesta época do ano xa que este retírase a latitudes máis baixas da costa norte de África. A característica do anticiclón é a emisión de ventos que manteñen fortes presións con ceos puros e despexados, facendo de barreira ao paso de frentes e borrascas atlánticas e traendo como consecuencia tempo con estabilidade atmosférica. Comparando cos datos do ano pasado, este inverno puderon comprobar que se recolleron menos precipitacións e as presións atmosféricas foron máis altas.
|
|
|
Para ter constancia disto cómpre observar a seguinte táboa comparativa con datos recollidos polo alumnado do colexio que participa no proxecto.
|
2013-14
|
2014-15
|
|
DEC
|
XAN
|
FEB
|
DEC
|
XAN
|
FEB
|
Precipitacións l/m2
|
100’7
|
186’9
|
297
|
51’8
|
113’4
|
96’5
|
Temperaturas 0C
|
8’1
|
7’2
|
8’1
|
10’1
|
8’3
|
6’9
|
Presión milibares
|
1006
|
999
|
997
|
1004
|
1006
|
1010
|
Situación do anticiclón das Azores nas datas indicadas. Imaxes tomadas de “La Voz de Galicia” 28 de decembro de 2014 11 de xaneiro de 2015
Esta experiencia serviulles para entender mellor o funcionamento dos instrumentos e como inflúen as variacións dos datos medidos nos fenómenos atmosféricos.
E) WEB MeteoGalicia
Semanalmente subíronse os datos ao sitio web de MeteoGalicia.
METODOLOXÍA A metodoloxía empregada nesta actividade contemplou métodos didácticos participativos e facilitadores dunha ensinanza activa e por descubrimento, baseada na indagación e no correcto manexo do método científico.
AVALIACIÓN A avaliación do proxecto foi continua ao longo do curso, tendo como finalidade comprobar a consecución dos obxectivos planificados para o proxecto. A preguntas obxectivas directas, o alumnado sentiuse moi satisfeito pola experiencia e resultados acadados, manifestar ter coñecementos sobre o manexo dos instrumentos da estación, mellorar o seu coñecemento sobre o clima e favorecer moito a súa aprendizaxe. Tamém subliñaron o seu interese e entusiasmo polo traballo en equipo estando dispostos a repetir esta experiencia para o curso que vén. Finalmente, dende o punto de vista do profesorado, o grao de satisfacción foi positivo.
|
|