Desta volta imos estudiar as idades da Historia con esta actividade superchula. Lede ben as indicacións que se dan na introdución, que se conta das personaxes, cales son as misións e a EMPEZAR!!!!!! Consello: ter a man lapis e papel (algo tedes que apuntar... ou lembrar).
Luns, empezamos fortes con MATES e a sumar sen levada!!!! Premede na imaxe e poderedes pilotar este avión que ten que chegar ata as nubes. Este xogo vale para tablet e ordenador.
Nesta ocasión compartimos no arquivo adxunto, enlaces a actividades para móbil, tablet ou ordenador. Fixádevos nos códigos que necesitades para poder facelas.
A detective Olivié é unha intrépida investigadora que ten que recuperar uns pergaminos roubados. Para iso ten que percorrer o mundo buscando os números para abrir a caixa forte e recuperar o botín roubado. Le atentamente as preguntas de cada destino, pensa as respostas e sorte. Consello: colle lapis e papel para apuntar os números para abrir a caixa forte.