Estimadas familias:
Queremos comunicarlles que, como xa se informou con anterioridade, tivo lugar o inicio do proceso para a elección de representantes no Consello Escolar. Informámoslles que xa están expostos os censos electorais dos distintos sectores (mestres/as, familias e persoal da administración e servizos) no taboleiro da entrada do noso Centro (no interior), para que poidades revisalos. Se houbera algún erro podédelo comunicar en Dirección antes do vindeiro 20 de novembro.
Hoxe, 12 de novembro, e ata o luns, 19 de novembro, ábrese o prazo de presentación de candidaturas aos distintos sectores. As/os nais/pais que queirades presentar a vosa candidatura ao Consello Escolar, deberedes comunicalo na Dirección do Centro no prazo mencionado (do 12 ao 19 de novembro).
O calendario electoral aprobado pola Xunta Electoral poderá ser consultado na páxina web do Centro.
13-19 |
Presentación de candidaturas |
20 |
Proclamación de candidatos/as |
20 |
Sorteo compoñentes da mesa electoral, ás 16:30 horas. |
21-22 |
Reclamación á proclamación de candidatos/as |
23 |
Resolución reclamacións á proclamación de candidatos/as |
26 |
Votación dos nais/pais do alumnado e PAS, de 16:30 a 18:30 horas, na Biblioteca. |
27 |
Votación do profesorado, ás 16:45 na Sala de Profesores/as. |
28 |
Reclamacións ás resolucións das mesas electorais |
29 |
Resolucións reclamacións e proclamación candidatos/as electos/as |
|
Reclamacións ante a Xefatura Territorial. 15 días hábiles desde a proclamación de candidatos/as electos/as. |