O reto de maio no PDI: a cociña foi entrevistar a unha das cociñeiras máis significativas das Neves. Na foto deste artigo pode verse o escenario no que desenvolveu, xunto con todo o alumnado do colexio. Previamente toda a cativada traballou nas súas aulas a entrevista, para chegado o día estar familiarizado con este evento. Posteriormente, un grupo pequeno de nenos/as entrevistouna na radio. No blog poderá verse o resultado.