Skip to Content

Actividades

Actividades

Ao longo do ano escolar hai moitas ocasións para xuntarnos, celebrar e conmemorar

Clicando nos títulos, poderedes ver o que facemos e o que fixemos en cursos anteriores. 

 

Saídas escolares e visitas ao centro.

 

 

 

 

 

 Volta ao cole

Magosto

Samaín 

Día das Bibliotecas

Día Universal da Infancia

Día contra a violencia de xénero 

Mes da Ciencia en Galego

Día das Persoas con Discapacidade

Nadal 

 

 

 

 

 Día da non violencia e da paz

Entroido

Día de Rosalía de Castro 

Día Internacional da Muller

Día da Árbore

Semana da Prensa 

 

 

 

 

Semana Santa

Semana do Libro

Día contra o acoso escolar

Semana das Letras Galegas

Día da Familia

Día Mundial do Medio Ambiente

Fin de curso 

 


 

Festival de Fin de Curso

O xoves 20 celebramos no Auditorio Municipal das Neves o festival de fin de curso. Contamos coa presencia de moitos familiares e amigos, que desfrutaron vendo aos seus peques.

No seguinte vídeo tedes algúns momentos desa celebración.

Clicando na seguinte imaxe poderedes ver todas as fotos.

Álbum: Curso 2023-2024 -> Festival Fin de Curso

Exposición do Club de Ciencias

Na semana do 14 ao 18 de xuño todo o alumnado do colexio asistiu á Exposición do Club de Ciencias.

Puideron disfrutar dun  resumo das actividades que o club realizou durante o curso.

Clicando na seguinte imaxe, poderedes ver algunhas imaxes do evento.

Álbum: Curso 2023-2024 -> Feria Club de Ciencias

Exposición do club de ciencias

Nesta semana celebramos a primeira exposición do noso Club de Ciencias!

Cartel Club Ciencias

Festival de Fin de Curso

Compartimos con vós o cartel do Festival de Fin de Curso, que incluirá as graduacións do alumnado de último curso de infantil e de primaria.

Cartel_Festival

Festa de Fin de Curso da ANPA

Festa fin de curso ANPA

Golf

O mércores 29 de maio o alumnado de 5º de primaria participou nunha xornada de golf no Balneario de Mondariz, onde coñeceron as regras e golpeos máis importantes deste deporte.

Clicade na imaxe para ver tódalas fotos.

Álbum: Curso 2023-2024 -> Golf

Xogos Populares

O xoves 23 de maio o alumnado de 3º e 4º, e o venres 24 o alumnado de 5º e 6º, participou nunha xornada de xogos populares no parque da Canuda (en Salvaterra de MIño) xunto co resto de coles do Condado, desfrutando dunha lúdica xornada.

Álbum: Curso 2023-2024 -> Xogos populares

Día da Familia 2024

O día 15 de maio desfrutamos dunha xornada de convivencia de toda a comunidade educativa: alumnado, familias e docentes.

Tras un visionado dunha curta sobre a comunicación nas familias (sí, era un anuncio de Ikea ;) ), os nenos e nenas desfrutaron duns inchables e de xogos organizados polas mestras e mestres. Os familiares participaron deste xogo, e os máis atrevidos deixaron a súa pegada no muro da escola.

Por último, desfrutamos da boa comida da nosa cociña, con croquetas e pizza caseiras! 

Clicando na imaxe poderedes ver o álbum de fotos dese día. 

Moitas grazas por vir! Esperámosvos o ano que ben!

Álbum: Curso 2023-2024 -> Día da Familia
Distribuir contido


   

Bibliotecas Escolares Radio na Biblio

Plan Dixital   Plan Proxecta

by Dr. Radut