Skip to Content

Infantil

Libros de Texto 24-25

Podedes descargar o listado de libros de texto para o curso 24-25 no documento adxunto.

Estreamos patio!!!

Esta semana, por fin, os nenos e nenas de infantil estrearon o seu novo patio.

As plantas e a nova distribución crean moitos lugares para explorar, xogar, e investigar a natureza. Tamén hai espazo para deixar fluir a creatividade e pintar un pouco. 

Os lugares máis buscados foron, sen dúbida algunha, os areeiros.

Álbum: Curso 2023-2024 -> Patio de Infantil

4ª sesión do club de lectura "Xa non son malo".

Nesta 4ª sesión dialogamos sobre o lido e estivemos investigando sobre as árbores que pode haber nun bosque e no noso patio. Preparámonos coas botas e os chuvasqueiros a alá fumos a observar o noso medio! Todas as follas das árbores son iguais? Como se chamarán? Fixemos unha colleita de follas e ao chegar a clase investigamos coa axuda do libro Este es mi planeta Árbores, prensamos as follas recollidas para facer máis adiante un herbario e preparamos unha gran lupa (baseada nunha lupa de trazos_class) con cartón, cartolina, cola e pinturas.

 

3ª sesión do club de lectura "Xa non son malo".

Nesta 3ª sesión seguimos falando da lectura que fixemos ata o día de hoxe e estivemos sementando petunias, ademais de traballar cun "poema lobeiro" do libro O libro dos bicos.

1ª sesión do club de lectura "Xa non son malo".

Nesta 1ª sesión falamos da lectura que levamos feito ata agora e coñecemos os protagonistas! Incluso estivemos investigando un pouco sobre o pasado do lobo.

Comeza o club de lectura en Educación Infantil!

En Educación Infantil arrancan co club de lectura do libro Xa non son malo. Grazas a colaboración das familias podemos desenvolver esta actividade tan enriquecedora!

Día do Libro 2024

Para celebrar o Día do Libro, cada aula elaborou o seu conto, e o compartiron cos seus compañeiros e compañeiras.

Clicando na imaxe podedes ver as fotos do día do libro, 23 de abril.

Álbum: Curso 2023-2024 -> Día do libro

Todo o alumnado admitido!!

Alumnado admitido Formalización

Educación Infantil cociña mini pizzas!

Neste mes de marzo o reto promovido dende o PDI: a cociña consiste en cociñar. O alumnado de Educación  Infantil fixo mini pizzas!

Saída ao teatro, en Vigo.

O alumnado de infantil e primaria visitou Vigo para ver a obra teatral "Tributo Musical al Rey León".

Ao chegar a Vigo, merendamos ao pé do Monte do Castro.

A continuación, desfrutamos do Teatro Musical coas personaxes do Rei León.

Rematamos o día comendo no parque de Castrelos, e xogando ao aire libre.

Facendo clic na imaxe, poderedes ver algunhas fotiños do noso día.

Álbum: Curso 2023-2024 -> Teatro musical: O Rei León
Distribuir contido


   

Bibliotecas Escolares Radio na Biblio

Plan Dixital   Plan Proxecta

by Dr. Radut