Skip to Content

Actividades    Biblioteca     Comedor    Galería


 

PROPOSTA PARA TRABALLAR O AUTOCOÑECEMENTO

Queridas nenas e nenos

Aquí estamos de novo para facervos outra proposta, esta vez para coñecernos mellor a nos mesmos. O autocoñecemento é a base para ter unha relación sa e sólida con nos mesmos. Coñecernos ben e querernos moito é o primeiro paso para ser felices e sentirnos mellor. 

Para introducirnos un pouco nesta tarefa, deixámosvos tres modelos a continuación. Podedes imprimilos ou crear os vosos propios tomando estes como referencia ou ao voso gusto. Como prefirades. Veredes que hai espazo de sobra para poder escribir ou debuxar, sentídevos libres de expresarvos como máis cómodos vos sintades. 

PICA NAS IMAXES PARA VELAS MÁIS GRANDES

 

 

Aqueles que estades seguindo a proposta anterior de escribir un diario, podedes usar as súas páxinas para facer esta tarefa. Sen necesidade de imprimir os modelos, usades as preguntas sobre as que escribir e deixádesvos levar. Por suposto, non esquezades que un diario é algo moi persoal; algo que é só voso e sodes libres de usalo como mellor vos pareza: escribindo, debuxando, pintando, pegando fotos e recortes ou combinando todas esas ideas. 

Moitas veces queremos expresar como nos sentimos pero é difícil porque non atopamos nome para unha ou varias emocións en concreto. Para facilitarvos ese traballo, deixámosvos tamén por aquí un labirinto de emocións do libro Emocionario de Cristina Núñez e Rafael R. Valcárcel, así como un anaco do mesmo libro en galego e en castelán, para que botedes man del se o precisades.

MOSTRA DO EMOCIONARIO EN GALEGO

MOSTRA DO EMOCIONARIO EN CASTELÁN

Se tedes calquera dúbida non dubidedes en preguntar. Aínda que se trata dunha tarefa voluntaria e que é só para vos, permitiravos atopar paz nestes momentos. 

 

PARA AS FAMILIAS: esta proposta non ten limitación de idade ningunha polo que vos animamos a todos os membros da familia a dedicarlle uns minutos cada día confiando en que achegue algo de alivio nesta situación. Se ben, sobre todo cos máis pequenos, quizais sexa imprescindible un pouco de axuda, polo que lede con eles a proposta e traballádea como mellor consideredes. Pode que o debuxo e a pintura sexan os mellores aliados cos máis cativos. De igual xeito, o concepto de diario igual é moi abstracto, polo que vos instamos a usar os modelos propostos nestas ocasións sendo libres de imprimir ou de facer os vosos propios cos vosos fillos e fillas. 

Quedando á vosa enteira disposición, 

O Departamento de Orientación

 

     Bibliotecas Escolares Radio na Biblio



page | by Dr. Radut