Tel: 886 110 115
Fax: 886 110 121
ceip.pazo.damerce@edu.xunta.gal
Seguindo o traballo dentro do proxecto de METEOESCOLAS vimos que é un pluviómetro e fixemos un caseiro. Empregamos botella de auga de plástico de litro e medio, cartolina para a medida, unha secuencia do ciclo da auga, e celo ancho para plastificar por fóra os debuxos e o medidor, para que non se mollen. E aquí tedes o resultado. É unha manualidade moi sinxela e os nenos e nenas de 1º foron quen de facer todo o proceso coa única axuda de facerlle o burato inicial á botella, para que poideran logo recortar a parte de arriba da botella para que funcione como o embudo de entrada de auga.