Informamos ás familias que o prazo de matrícula está aberto desde hoxe, 1 de marzo.
Documentación a entregar:
-
Impreso de matrícula, firmado polas persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras.
-
Copias dos DNI dos membros da familia
-
Copia da tarxeta sanitaria do neno ou da nena.
-
Copia do certificado ou volante de empadroamento.
-
Copia (se é o caso) da sentenza de divorcio ou separación.
A Consellería de Educación pon á disposición das familias a aplicación admisionalumnado, que permite cubrir a solicitude online. Unha vez cuberta pode presentarse de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.
Prazos:
- 1 a 20 de marzo: Solicitude de praza.
- 25 de abril: publicación das listaxes provisionais de admitidos e excluídos.
- 15 de maio: publicación das listaxes definitivas de admitidos e excluídos.
- 20 de xuño a 1 de xullo: Prazo de formalización de matrícula.