Skip to Content

Actividades    Biblioteca     Comedor    Galería


 

Primaria

TALLERES PROGRAMA ADA

 

O alumnado de 6º participa nos talleres de iniciación á tecnoloxía en igualdade.

  

 

RECOMENDACIÓNS DE LIBROS POR PARTE DO ALUMNADO DE 6º A

O alumnado de 6ºA fainos unhas recomendacións de libros que podedes atopar na nosa biblioteca.

RECOMENDACIÓNS DA BIBLIOTECA DO ALUMNADO DE 6ºB

 

No seguinte vídeo podemos ver as recomendacións dos libros da biblioteca que realiza o alumnado de 6ºB  

 

 

CADERNO MATEMÁTICAS 1º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

Para acceder ao caderno de matemáticas de 1º de Educación Primaria pulse AQUÍ

 

O BAILE DE 2º

Aquí vos deixo o vídeo co noso baile. Fixéstelo xenial. 

 

 

Pasade un bo verán e un merecido descanso despois deste curso tan difícil. Unha aperta

NOA DURÁN CASTRO GAÑADORA DA XXI EDICIÓN DOS "PREMIOS MURALLA"

 

NOA DURÁN CASTRO de 6º A resultou gañadora dos “PREMIOS MURALLA” coa redacción “Forte coma unha muralla”.

 

Noraboa Noa!

Preme AQUÍ para ver o enlace á noticia e á redacción.

 

PLANTACIÓN NO APARCADOIRO

 

Hoxe, coincidindo co aniversario do incendio de 2017, estiveron os nenos e nenas de 6ºB plantando árbores no aparcadoiro do colexio. A iniciativa partiu do Concello e a actividade enmárcase dentro do proxecto O MONTE NACE NA ESCOLA. Agardamos agora a ver como van medrando estas árbores.

 

Se queredes ver todas as fotos do evento premede AQUÍ

 

 

 

 

VISITA VIRTUAL AO IES

 Queridas nenas e nenos de 6º curso, 

 

Este ano todo se desenvolve dun xeito diferente e, como consecuencia, non puidestes ter a vosa visita en persoa ao IES. Pero non tedes de que preocuparvos porque non ides quedar sen ela. Aquí tedes un vídeo para darvos a benvida totalmente en exclusiva!

 

Veredes que, ademais de ensinarvos algunhas das instalacións que coñeceredes mellor en setembro, tamén vos dan algúns detalles de organización (horarios, asignaturas, comedor...). 

 

Gustaríame que, se tedes algunha dúbida ou queredes preguntar algo que preguntariades de ter ido en persoa, mo fagades saber no seguinte correo electrónico: orientacionmarquesamerce@gmail.com

 

Tanto eu como a Orientadora do IES estaremos encantadas de axudarvos!

 

Unha aperta!

A Orientadora

 

 

PROPOSTA PARA TRABALLAR O AUTOCOÑECEMENTO

Queridas nenas e nenos

Aquí estamos de novo para facervos outra proposta, esta vez para coñecernos mellor a nos mesmos. O autocoñecemento é a base para ter unha relación sa e sólida con nos mesmos. Coñecernos ben e querernos moito é o primeiro paso para ser felices e sentirnos mellor. 

Para introducirnos un pouco nesta tarefa, deixámosvos tres modelos a continuación. Podedes imprimilos ou crear os vosos propios tomando estes como referencia ou ao voso gusto. Como prefirades. Veredes que hai espazo de sobra para poder escribir ou debuxar, sentídevos libres de expresarvos como máis cómodos vos sintades. 

PICA NAS IMAXES PARA VELAS MÁIS GRANDES

 

 

Aqueles que estades seguindo a proposta anterior de escribir un diario, podedes usar as súas páxinas para facer esta tarefa. Sen necesidade de imprimir os modelos, usades as preguntas sobre as que escribir e deixádesvos levar. Por suposto, non esquezades que un diario é algo moi persoal; algo que é só voso e sodes libres de usalo como mellor vos pareza: escribindo, debuxando, pintando, pegando fotos e recortes ou combinando todas esas ideas. 

Moitas veces queremos expresar como nos sentimos pero é difícil porque non atopamos nome para unha ou varias emocións en concreto. Para facilitarvos ese traballo, deixámosvos tamén por aquí un labirinto de emocións do libro Emocionario de Cristina Núñez e Rafael R. Valcárcel, así como un anaco do mesmo libro en galego e en castelán, para que botedes man del se o precisades.

MOSTRA DO EMOCIONARIO EN GALEGO

MOSTRA DO EMOCIONARIO EN CASTELÁN

Se tedes calquera dúbida non dubidedes en preguntar. Aínda que se trata dunha tarefa voluntaria e que é só para vos, permitiravos atopar paz nestes momentos. 

 

PARA AS FAMILIAS: esta proposta non ten limitación de idade ningunha polo que vos animamos a todos os membros da familia a dedicarlle uns minutos cada día confiando en que achegue algo de alivio nesta situación. Se ben, sobre todo cos máis pequenos, quizais sexa imprescindible un pouco de axuda, polo que lede con eles a proposta e traballádea como mellor consideredes. Pode que o debuxo e a pintura sexan os mellores aliados cos máis cativos. De igual xeito, o concepto de diario igual é moi abstracto, polo que vos instamos a usar os modelos propostos nestas ocasións sendo libres de imprimir ou de facer os vosos propios cos vosos fillos e fillas. 

Quedando á vosa enteira disposición, 

O Departamento de Orientación

 

DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA EN CASA

Hoxe celébrase o DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA CASA e moitos de vós participastes no noso reto. Deixámosvos aquí a montaxe dos vídeos que nos fixestes chegar. 

Para velos só tedes que picar na imaxe de cada montaxe. 

    

  
 
  
 

Distribuir contido

     Bibliotecas Escolares Radio na Biblio



by Dr. Radut