O último día de clase puidemos gozar dunha xenial representación teatral. Un grupo de pais e nais da Anpa prepararon a obra “ Un día na consulta da inseguridade social”.
Estivo fenomenal, gustounos moito e os nenos e nenas estiveron moi atentos vendo o que facían os seus pais/nais ou os pais/nais de compañeiros/as, cousa que lles emocionou bastante.
Queremos agradecer a este grupo de pais que tiveran unha iniciativa tan acertada e marabillosa e oxalá nos deleiten con outra obra para o curso que ben.
Moitas grazas!!