Hoxe, 30 de xaneiro, celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.
Para conmemoralo, o alumnado escolleu palabras relacionadas coa paz: igualdade, respecto, amor, humildade, tolerancia, amizade... e as definiron coas súas palabras.
Todas estas palabras atópanse no corredor, entrelazadas nunha sopa de letras xigante que resolveremos entre todas e todos.