Biblioteca
Maleta viaxeira "Creativa"
O CEFORE de Ourense préstanos durante un mes a maleta viaxeira Creativa!
Día da Poesía
Para celebrar o Día da Poesía, o equipo de biblioteca elaborou unha exposición de libros pertencentes a este xénero.
Son unha pequena mostra dos que podemos atopar no cole, catalogados todos co número 82, e coa P de Poesía.
Lembrade que a nosa biblioteca está aberta a todos os membros da comunidade educativa.
A arte do "puntillismo".
O alumnado de 2º de Educación Primaria desenvolveu o "puntillismo" a través dos alimentos. Apreciade o seu gran traballo!
"A froita".
Aquí temos a poesía "A froita" coa que o alumnado de 2º de Educación Primaria estivo traballando nos últimos días.
Obradoiro de cociña
Hoxe, o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria, tivo un obradoiro de cociña, no que preparou o seu petisco de media mañá. Tocou facer biscoito de iogur! Saíron regular, pero estaban de ricos...
Mesmos ingredientes, diferentes formas de facer, obtivemos uns ricos biscoitos que degustamos na hora de lecer.
Como di o conto de COCORICO: Picotí, picotá! Ai que rico está (ou estaba)!!!
Non quedou nin unha migalla!
Obradoiros de pulseiras
O alumnado de 5º e 6º de Educaci´no Primaria estivo elaborando pulseiras nun obradoiro da biblioteca!
Educación Infantil cociña mini pizzas!
Neste mes de marzo o reto promovido dende o PDI: a cociña consiste en cociñar. O alumnado de Educación Infantil fixo mini pizzas!
"Decoramos madalenas"
O alumnado de 2º de Educación Primaria fixo un obradoiro de "decoración" comestible de madalenas!
Novos carteis na biblioteca histórica!
Estivemos renovando os carteis da biblioteca histórica cos nosos grandes recursos da aula de Polos Creativos! Pasamos dunhas letras de cartolina xa dobradas co tempo... A estes listóns con vinilo!
Facemos arte a través da fotografía
O alumnado de 6º de Educaión Primaria estivo traballando a arte cos alimentos a través da fotografía. Aquí podedes ver as súas magníficas fotos!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »