Skip to Content

Actividades    Biblioteca     Comedor    Galería


 

Primaria

VISITA DE GONZALO MOURE

Tivemos o pracer de recibir no colexio a Gonzalo Moure.  Nas aulas de 5º e 6º lemos o seu libro "Palabras de caramelo".

Grazas pola visita. Pasámolo xenial! 

Excursión dos nenos e nenas de 5º e 6º a Santiago de Compostela

Os nenos e nenas de 5º e 6º foron de excursión a Santiago de Compostela. Alí visitaron á Xunta, o Parlamento e a Catedral. Unha excursión da que voltaron con moita información sobre estes tres lugares que seguro non esquecerán. 

 

Arts en 5º - Manualidade outono

Último traballo do 1º trimestre de arts do alumnado de 5°. Utilizamos o que nos ofrece a natureza para realizar as nosas

creacións.

 

Proxecto: RECOMPILAMOS PALABRAS ENXEBRES

RETO: Conseguir xuntar 500 palabras enxebres do galego e sobre todo da zona de As Neves. Conseguirémolo?

Para ver a presentación en pantalla completa pica AQUÍ

EXPOSICIÓN ÁRBORES SENLLEIRAS

O  Xoves día 20 de setembro fomos convidados polo concello á inaugración dunha exposición con paneis fotográficos na casa da Xuventude. O tema tratado era "As árbores máis importantes de Galicia. Ao evento asistiu o alumnado de 5º e 6º. 

 

EXCURSIÓN DE 1º E 2º DE PRIMARIA MARZO 2018

O martes 6 de marzo fomos de excursión 1º e 2º de primaria. Nesta primeira saída, fomos a Vigo. Vimos á obra "Garbancito en la barriga del buey" no teatro de Afundación. 

 

 

 E despois do Teatro tocou  obradoiro e visita á exposición de arte da obra de Antonio Quessada. 

 

 

RECICLAMOS

O luns viñeron a darlles unha charla, dende Sogama,  aos nenos e nenas de 1º, 2º e 3º, para coñecer os beneficios dunha correcta reciclaxe. Aínda queda moito por aprender, pero se cada un de nós vai reciclando, reutilizando e reducindo os resíduos, podemos coidar moito o medioambiente. 

   

Excursión de 5º

O xoves 23 de novembro foron os nenos e nenas de excursión a Vigo. Alí visitaron Naturnova para participar nunha actividade sobre o sistema solar. E logo foron ao Marco para ver e aprezar o arte moderno a través das súas exposicións. 

 

 

REPLANTAMOS NO COLEXIO

Hoxe tocou repoñer plantas na entrada do colexio. Ao longo da mañá saíron todos os cursos para plantar unhas photinias. 

TEATRO EN ARBO

Esta semana houbo teatro  en Arbo. Organizada pola ANPA de Arbo  tivemos ocasión de visitar o seu auditorio o  día 14 e o 15 de novembro para ver unhas obras de teatro representadas por o grupo Migallas. 

O 14 foron os nenos e nenas de Educación Infantil e 1º e 2º de primaria a ver a obra "CANTA CONNOSCO". 

O 15 foron os nenos de 3º a 6º de primaria para ver a obra "UN AVÓ ESPECIAL". 

Pasárono moi ben. 

Distribuir contido

     Bibliotecas Escolares Radio na Biblio



by Dr. Radut