Secretaría
LISTAXES FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO
Xa podedes acceder ás listaxes provisionais do Fondo Solidario de Libros de texto para o vindeiro curso 2021-22 todas familias que posuades Chave 365, seguindo:
https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/, unha vez logueados, atoparedes a resolución na carpeta de Cidadán.
PROCESO DE MATRÍCULA
Ábrese o prazo para a formalización da matrícula do novo alumnado para o vindeiro curso 2021-2022 admitido neste centro escolar. O prazo de matrícula está comprendido entre o 20 e o 30 de xuño.
Un saúdo
NIVEL MÁXIMO DE RESTRICCIÓNS
Dada a alta incidencia de casos da Covid 19 no noso Concello ( a día de hoxe a Consellería de Sanidade ven de notificar 60 casos positivos) pedímosvos que cando veñades traer ou recoller os nen@s gardedes as distancias. A ser posible que veña un só pai/nai e o máis cerca da hora de entrada ou de saída. Os nenos non saen antes da hora.
Tamén vós pedimos que na medida do posible vos autoconfinedes e saiades o imprescindible.
Enquisa de Autoavaliación Covid 19
Aquí tedes o enlace para ter en conta todas as mañás antes de enviar aos nenos ao colexio. Enquisa Autoavaliación Covid 19
RESULTADOS CRIBADO
Despois de ter 5 positivos pola Covid 19 no noso centro escolar, desde a Consellería de Sanidade decidiron facer un cribado aos mestres, ao persoal non docente e aos nen@s.
Onte recibimos notificacións os mestres e o persoal non docente, así como todos nenos e nenas do colexio. Temos que decir que os resultados son todos negativos en Covid 19.
CRIBADO
Dado que no centro escolar hai 5 positivos pola Covid 19, dende a Consellería de Sanidade van realizar un cribado a todos nenos e nenas dende infantil ata primaria, ademáis dos mestres e o persoal non docente.
Xa están chegando sms coas citacións.
A dirección
COVID 19
Ante la aparición de varios casos de Covid 19 no centro escolar, insistimos que teñades moitas precaución cos contactos que tedes. Entendemos que é moi difícil, e máis nestas datas que se achegan, non acudir onde os familiares.
DÍA NON LECTIVO
O vindeiro 7 de decembro, tal e como ven publicado no calendario escolar para o curso 2020-2021 celebrarase o Día do Ensino. Deste xeito non volvemos ás aulas ata o mércores 9 de decembro.
Actualización Plan Adaptación ao contexto Covid 19
Actualización do Plan de Adaptación ao Contexto Covid 19
Axudas ás familias para a compra de máscaras
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade ven de publicar no DOG do 13 de Novembro a Orde do 6 de Novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matricula