Día do Medio Ambiente

 

Para o día do Medio Ambiente, o 5 de Xuño, decidimos crear un mural representando a illa de plástico situada no Océano Atlántico. A maiores, o alumnado de 5º fixo un traballo de investigación e presentou solucións que xa existen grazas a inventores xeniais. Tamén se fixo unha reflexión acerca do que nós podemos facer para reducir a contaminación do plástico. 

Día das Letras Galegas

 

 

Para o día das Letras Galegas, fixemos unha exposición sobre Florencio Delgado Gurriarán. Tamén expuxemos as fotos e libros dos homenaxeados dos anos anteriores. 

 

 

Día do libro

 

Para o día do libro, os alumnos e alumnaos de sexto presentaron aqueles libros que marcaron o seu Camiño ao longo da etapa de Infantil e Primaria. 

Así, podemos buscar inspiración nestas portadas e, porque non, atopar algún libro que non coñecíamos e nos encanta. Porque ler é tamén compartir gustos.

Conta contos

 

 

Tivemos unha sesión de contacontos con Anxo Moure no salón de actos: Pes de lobo.

Día das Artes Galegas

 

 

 

Fixemos unha exposición das obras de Xosé Otero Abeledo e das composicións do alumnado do colexio, basadas na súa obra.

María Prymachenko

 

 

 

 

Unha magnífica exposición de obras da pintora ucraína María Prymachenko.

Día da poesía

Este ano, dadas as circunstancias tan dramáticas que se están a vivir en Ucraína, decidimos centrar a temática do Día da Poesía na PAZ. 

Aínda que teñamos que percorrer un longo camiño para vivir nun mundo de xustiza e paz, se todos/as o desexamos e nos esforzamos para manter a paz primeiro dentro de nos, seguro que o conseguimos.

Aquí están os links para ver os vídeos de cada curso:

- 6º EP: 

 

 

- 5º EP:

 

- 4º EP:

 

- 3º EP:

 

- 2º EP:

 

- 1º EP:

 

- 6º EI:

 

- 5º EI:

 

 

Semana da Prensa

 

Fixemos unha recompilación de artigos de periódico que falan do Camiño de Santiago pero, en distintos idiomas. Así descubrimos que esa peregrinación ten fama en toda Europa, e nalgún que outro país do mundo.

Día da muller

 

 

Nese día tan importante realizamos un mural precioso para conmemorar aquelas mulleres que abriron camiño ao longo dos séculos. E, como non, fixemos unha exposición de libros da biblioteca que falan delas.

Tamén están expostos os nosos lapbooks, que irán rotando polas aulas para que cada un poida gozar deles no tempo de lectura. 

 

 

Día de Rosalía. Contacontos

 

 

 

Un contacontos que nos contou con moita poesía a vida de Rosalía e algunhas anécdotas que nos encantaron.


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design