AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR REGULADA NA ORDE DO 29 DE ABRIL DE 2022

Dacordo coa resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar regulada na Orde do 29 de abril de 2022, efectúase unha ampliación da axuda para adquirir material escolar de 25€ adicionais.

- Unicamente recibirán esta ampliación de 25€ aquelas persoas beneficiarias do vale de axuda por material de 50€.

- Os vales deberán ser empregados na libraría/establecemento, preferiblemente, antes do 1 de decembro de 2022.

Recolleranse na Secretaria do centro a partir do mércores 19 de outubro en horario de 12:20 a 14:00. A persoa solicitante será a que ten que recoller o vale previa presentación do DNI/NIE. De non poder acurdir, autorizará a outra persoa para facelo. 

 

Powered by Drupal - Design by artinet