Agrupacións con instrumentos reciclados. Semana do 29 de maio ao 5 de xuño

Agora que xa case tod@s fixestes o voso instrumento con material reciclado, esta semana quero que coñezades diversas agrupacións que empregan instrumentos deste tipo que me gustan especialmente.

Comezamos coa Orquestra de instrumentos reciclados de Cateura, Paraguai, un proxecto admirable que busca a inclusión social de nenos e nenas deste lugar a través da música. Dado que as familias non podían mercar os instrumentos aos seus fill@s, Favio Chávez, músico paraguaio e director da orquestra, tivo a idea de utilizar a basura do vertedoiro de Cateura para fabricar os instrumentos e ensinarlle música aos nenos e nenas desta zona para que poideran ter un fututo mellor, tanto eles coma as súas familias. Sen dúbida, conseguiuno, porque a orquestra está actuando por países de todo o mundo!

 

 

A Orquestra de Instrumentos reciclados de Cateura actuou en Madrid e serviu de inspiración para o nacemento do proxecto musical "A música da reciclaxe":

 

 

Unha reportaxe sobre o proxecto:

 

 

Ímonos a México escoitar a "Orquestra basura", un grupo que toca con instrumentos feitos por eles mesmos coa "basura". Incrible o que podemos facer con ela, verdade?

 

 

Viaxamos agora ata Arxentina para escoitar a "Les luthiers", un dos meus grupos favoritos. Nos seus espectáculos, a música e o humor están garantizados.

Luthier (palabra francesa) é unha persoa que fabrica e arranxa instrumentos musicais de corda, de aí o nome do grupo, xa que nas súas actuacións empregan instrumentos fabricados con materiais de uso cotiá.

Déixovos un vídeo con fragmentos de "O Carnaval dos animais" de Saint Saëns.

 

 

E a divertida "Rapsodia en pelotas"

 

 

E... rematamos co grupo de percusión Stomp, do Reino Unido, pioneiros en convertir en instrumentos musicais calquera cousa que usamos na vida cotiá.  Música e danza van da man... así que animádevos e tocade ou bailade con eles!

 

 

 

Agardo que vos gustase a selección e que vos serva para reflexionar acerca do noso comportamento coa terra!

Outro venres máis, gozade co Circo do Sol, hoxe ás nove da noite cun especial cos mellores momentos dos espectáculos Corteo, Volta e Totem. Clicade na imaxe!

 

 

Bicos musicais e moito ánimo!

Powered by Drupal - Design by artinet