DIA DA MULLER TRABALLADORA
O pasado luns día 11 de Marzo celebramos no centro o día da muller traballadora. Tivemos unha charla con diversas mulleres que falaron sobre os seus traballos.
A actividade dividiuse en dous grupos. No primeiro grupo estiveron o alumando de educación infantil, 1º e 2º e tiveron a oportunidade de coñecer máis sobre o traballo dunha veterinaria, dunha garda civil e dunha protésica dental.
No seguinte grupo estiveron os alumnos de 3º a 6º e tiveron a oportuidade de coñecer e saber máis sobre o traballo da policía nacional, dunha diseñadora gráfica dunha periodista e ata poideron escoitar a unha telleira.