Iniciar sesión: Acceso

Curso 2015/2016

A música das árbores

Graciano Zoqueiro, trasniño e gaiteiro, descubriu que as árbores facían música. Cando o vento move as follas nace unha sinfonía. Cando a chuvia cae nas follas soan diferentes instrumentos. As treboadas fan danzar os freixos e xorde un espectáculo de ballet...

Unha nova actividade concedida pola Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, relacionada co libro-cd do mesmo nome, na que Servando Barreiro sensibilizou ás nenas e nenos coa contorna natural a través da música e dos contos e cantigas participativas, co galego como lingua vehicular.

Xornadas de Portas Abertas

O vindeiro martes 1 de Marzo ofrecemos as Xornadas de Portas Abertas para todos aqueles que queiran vir visitar o noso colexio.

Animádevos a vir as 17:00 horas!!!!

 

Entroido galego!!!

Este ano disfrazámonos de cousas relacionadas co noso Proxecto Anual, "Costumes e Tradicións Galegas", e cada curso tratou de reflexar un anaco da nosa Comunidade: o noso traxe típico, a gastronomía, a fauna, as festas populares, os pintores, os celtas, os peregrinos, a Rondalla... Ao chegar de volta ao cole bailamos e recitamos as nosas coplas. E para rematar degustamos uns ricos postres típicos da nosa terra grazas a colaboración das familias.

O Merdeiro visita O Sello

O día 1 de febreiro comezamos a semana do Entroido coa visita dun personaxe típico do entroido de Vigo: o Merdeiro.
Pasou por todas as clases mostrándonos como era o seu traxe e falándonos un pouco da súa orixe. Ademais, grazas ao Equipo de Dinamización da Lingua Galega, os alumnos de 6º de E.P. tiveron unha charla relacionada con este persoaxe para recoñecer a figura do Merdeiro dentro do entroido tradicional vigués, achegarse á historia do noso entroido e identificar esta figura tendo en conta a súa orixe, historia e vestimenta:

Os mariñeiros disfrazábanse de merdeiros (traxe que imitaba a campesiños que recollían restos de peixe para abonar os seus campos) para incordiar á xente restregándolle restos de peixe podre. Por tanto era unha figura que xurdiu da rivalidade entre mariñeiros e labradores.

A vestimenta era unha imitación dos escabicheiros, esaxerando os elementos do traxe e os apeiros máis significativos: camisa branca arremangada, pantalón de pano, polainas, zapatillas brancas ou zocas, chaleco con símbolos astrais ou animais (o sol, a lúa, un burro, un galo, unha galiña…), unha faixa vermella, armado cunha vara e adornado con vexetais, como verduras, cebolas,... máscara rosa, perruca loura e o gorro cunha galiña na cabeza.

Sen dúbida unha foi unha visita moi sorprendente e interesante para todos.

 

Paz 2016

Comezamos a celebración do Día da Paz cun manifesto que os alumnos/as de 6º E.P. elaboraron relacionado co proxecto anual do cole e sen esquecerse de mencionar o actual  conflito da Guerra de Siria. Ademais gozamos da música en directo coa danza africana “Zimbolé” e a canción “Só lle pido a Deus” acompañados polo especialista de E. Musical coa guitarra. E, xa para rematar, cantamos e interpretamos a canción "Tú enemigo" de Pablo López e Juanes. Durante toda a semana da Paz os alumnos/as maiores foron os encargados/as de ensinarlle ao resto do alumnado do centro a coreografía. 
O punto final a esta conmemoración, púxose co mural que compuxemos entre todos/as coas nosas mans coas bandeiras dos 5 continentes formando a palabra PAZ.

Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: