Iniciar sesión: Acceso

blogue deadmin

Libros de Texto 2017-2018

Xa están dispoñibles os Libros de texto e o material para o curso 2017-2018.

Preme en cada curso para acceder ao documento:

Infantil

Primaria

Os Guerreiros de Terracota

O pasado mes de febreiro visitamos a exposición dos Guerreiros de Terracota.

O alumnado fixo unha viaxe no tempo e no espazo para trasladarse ata o gran Imperio Chino, atopándose con reproducións dos orixinais do exército de Xi´an e tamén con reproducións de ferramentas, xoias, armas, cabalos,...

Se premedes na imaxe veredes o atentos que estiveron.

Bibliosello

QUEREDES COÑECER BIBLIOSELLO POR DENTRO?

Rapolibro paséavos por ela se premedes na seguinte imaxe: 

 

 

Dende o "O Blogue de Rapolibro amosamos todas as actividades que facemos co alumnado de Educación Infantil e de Educación Primaria. Mochila viaxeiras, Bibliopatios, retos, diferentes conmemoracións, activividades coa impresora 3D, obradoiros maker, recomendacións lectoras e, por suposto, damos visibilidade aos nosos recursos e servizos á comunidade educativa.  

Día das Bibliotecas Escolares

O pasado 24 de outubro, celebrouse o Día das Bibliotecas Escolares. A biblioteca é, sen dúbida, un dos lugares mais especiais da nosa escola e por iso non podíamos deixar de celebrar esta data, xa que danos o pistoletazo de saída para por en marcha unha morea de actividades que espertan no noso alumnado as ganas de aprender, investigar e soñar. Ademais este ano temos un bo motivo para celebrar, porque a nosa biblioteca entrou a formar parte da Rede de Bibliotecas PLAMBE. 
Este ano o cartel editado para a conmemoración desta data foi realizado pola ilustradora Helena Odriozola e o pregón, que lemos nesta celebración, pola escritora viguesa Ledicia Costas, ambas premios nacionais no ano 2015.
Aquí vos deixamos un pequeno vídeo deste gran día para o noso Recuncho de Libroreta.

Escola de Familias

Benqueridos pais e nais:

É un pracer para nós comunicarvos que o vindeiro luns 17 de outubro ás 17:00 teremos a 1ª actividade da nosa Escola de Familias.

O tema escollido pola maioría das familias na enquisa foi "Normas e límites" e o ponente será un experto do equipo de prevención do Concello de Vigo.

ESPERAMOS UNHA GRAN ASISTENCIA!!!!

Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: