O venres 25 de outubro o alumnado de Educación Infantil e de 1º e 2º de Educación
Primaria estivo no Pasabodeghiñas, que este ano tiña como centro de interese “O
río das letras”.
Durante esta xornada visitamos 3 adegas con exposicións creadas polo alumnado
do CRA Boqueixón-Vedra, CPI Plurilingüe de Vedra e CEIP Ortigueira.
Concretamente, o noso alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria foi o encargado
de crear a exposición sobre o escritor Antonio López Ferreiro. Para crear esta
exposición fixeron diferentes carteis con datos de interese sobre a súa traxectoria e
ata un rap con Intelixencia Artificial.
Ademais, puidemos desfrutar dunha ruta ghaiteira polas adegas e un concerto de
Luís Vallecillos, onde os nenos e nenas dos diferentes colexios compartiron bailes e
risas. Xa para rematar a xornada cun bo sabor de boca, mestres/as e alumnos/as
desfrutamos dun bo magosto.
Pasabodeghiñas de Alba