Skip to Content

Celebración do Magosto e Samaín

Boa tarde,

Neste curso escolar volvemos convidarvos á celebración do Magosto, que será o luns 30 de outubro pola tarde e da cal achegaremos máis información para a semana.

Ademais, publicamos a circular que mandamos hoxe en relación á celebración do Samaín o martes 31 no horario escolar.

 

Saúdos!

 

Coñecendo os Polos Creativos

No día de onte, tivemos a oportunidade de asistir a unhas xornadas de formación para o profesorado centradas en tres piares fundamentais: a Creatividade, a Renovación e os Innovación. Estas xornadas salientaron a importancia destes elementos na mellora da calidade educativa.

 

A Creatividade foi destacada como a faísca que acende a innovación na aula, inspirando a educadores e estudantes a pensar de maneira única e desenvolver habilidades de pensamento crítico.

 

A necesidade constante de Renovación na educación tamén foi salientada, lembrándonos a importancia de adaptarse a novas tecnoloxías e enfoques pedagóxicos para manter a relevancia do ensino.

 

Excursión "A pita Xefa"

Hoxe as nosas cativas e cativos de Infantil e 1º, 2º e 3º de Primaria achegáronse ata Santiago a ver o espectáculo presentado por Galicreques e que leva por título “A pita Xefa”.

 

Neste espectáculo, a galiña Coro e Cacarina, o galo Quiríaco e outras personaxes amósannos unha trama fascinante, na que Coro pretende ser a xefa do galiñeiro.

Con moita valentía e determinación, a nosa protagonista Coro demostra que as normas preestablecidas non deben limitar os soños de ninguén, e isto axuda ao resto do galiñeiro a perseguir tamén os seus soños e desafiar as conviccións de xénero.

 

O alumnado máis novo do noso cole aprendeu a importancia de crer nun mesmo ou mesma e loitar polo que queremos, sen importar as expectativas que outros teñan en nos.

 

Aquí vos deixamos unha pequena mostra da nosa viaxe.

 

SAÍDAS POLA CONTORNA

Durante o mes de xuño realizaranse saídas pola contorna (dentro do horario escolar) promovidas polo Concello de Vedra. As actividades son gratuítas.

PAZO DE ORTIGUEIRA: 12 de xuño. Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria

RUTA DOS MUÍÑOS: 12 de xuño. 3º ciclo de Educación Primaria.

CAMIÑO DE SANTIAGO: 13 de xuño. 2º ciclo de Educación Primaria.

 

XORNADA DE CONVIVENCIA PARA ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA NO CPI DE VEDRA

No documento adxunto achégase o programa de actividades da Xornada de Convivencia que terá lugar o 9 de xuño no CPI Plurilingüe de Vedra. Esta actividade vai dirixida ao alumnado que actualmente cursa 6º de educación primaria e que o curso que vén iniciará os estudos de ESO no CPI de Vedra.

AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL (2023-24)

Publicouse recentemente a ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de

ADMISIÓN CURSO 2023-2024

Dende o 1 ata o 20 de marzo estará aberto o prazo de admisión de alumnado.

Festa da Camelia

A semana pasada, o alumnado do centro de man da ANPA colaborou na exposición anual que se fai con motivo da Festa da Camelia. Este ano, no cal a temática era sobre o campo, a colaboración centrouse na realización da silueta dun tractor con camelias.

O alumnado traballou codo a codo coa ANPA para crear esta bonita representación. A continuación as fotos das aulas coa peza.

 

Entroido 2023

Chegou o entroido ao CEIP Ortigueira! Aquí vos deixamos unhas fotos da celebración que realizamos o pasado luns 13 no centro.

Este ano, a temática dos disfraces era de xogos e xoguetes. O alumnado de Educación Infantil escolleu os coches, os alumnos/as de 1º e 2º foron de bonecos de Lego, a rapazada de 3º e 4º convertiuse nun gran dominó e finalmente os maiores de 5º e 6º representaron o xogo do Comecocos. 

 

 

Plan Dixital CEIP Ortigueira

Tal e como se recolle na Resolución do 3 de setembro de 2021 pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos de Galicia, dáselle publicidade a través desta entrada na páxina web á primeira versión do Plan Dixital do CEIP Ortigueira logo da súa aprobación no consello escolar do 30/06/2021.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut